ALCALDÍA
O Plan Estratéxico e o PXOM marcarán conxuntamente a evolución da cidade no período 2008-2020
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse na súa habitual rolda de prensa dos venres ao Plan Estratéxico, que entra na súa recta final. O obxectivo é que tanto o Plan como o PXOM estean en execución á volta do verán, co fin de que marquen a evolución da cidade nun período de 12 anos, entre 2008 e 2020.
EDUCACIÓN
A Rede de Cidades Educadoras pon en valor o patrimonio como elemento educativo
Unha das redes temáticas da Rede Española de Cidades Educadoras reuniuse en Santiago para falar sobre o valor do patrimonio como elemento na educación. Baixo a coordinación de Barcelona, 24 cidades españolas, entre elas Santiago, participan na área de traballo "Cidade, educación e valores patrimoniais. A cidade educadora, un espazo para aprender e ser cidadáns. Aprender en, de e para a cidade".
EDUCACIÓN
Cento cincuenta alumnas de cinco centros escolares bailarán nunha nova edición de "Compostela en Danza"
O Auditorio de Galicia acollerá o domingo 8 de xuño, ás 20:00 horas, a terceira edición do Certame de Danza Intercentros "Compostela en Danza". Será a oportunidade de contemplar ata 17 coreografías realizadas por 150 alumnas de cinco centros de ensino da cidade.
DEPORTES
Compostela únese á Festa do Deporte
O domingo 8 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas celebrarase no Parque Municipal de Galeras a Festa do Deporte "O deporte galego une". A Consellería de Cultura e Deporte xunto coa Fundación Deporte Galego e o Concello de Santiago fan posible a celebración deste evento en Compostela.
DEPORTES
Os IV Encontros Deportivos da AEP constatan entre os máis novos a importancia dos hábitos de vida saudables
As autoridades subliñaron a importancia dos hábitos de vida saudable aos máis de 600 escolares que participaron no IV Encontro Deportivo da Asociación Española de Pediatría "O deporte é saúde". Na xornada desenvolvida no Estadio de San Lázaro estiveron rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, que gozaron das actividades desta iniciativa, destinada a traballar de forma conxunta polo fomento de hábitos de vida saudables a través do deporte.
TURISMO
Turismo de Santiago invita a coñecer os talleres de artistas
Un total de 16 visitas guiadas gratuítas, patrocinadas por Turismo de Santiago para a fin de semana do 7 e o 8 de xuño e a seguinte, permitirán aos habitantes e visitantes da cidade achegarse ao mundo da creación visual compostelá, coñecer aos artistas e explorar os seus obradoiros e as súas formas cotiás de traballo.