EDUCACIÓN
Vinte e catro cidades españolas debaten en Santiago sobre educación e patrimonio
Organizada pola Concellería de Educación de Santiago de Compostela e o Institut d’Educació do Concello de Barcelona, a nosa cidade acolle o 5 e o 6 de xuño as VI Xornada do Grupo de Traballo da Rede Temática pertencente á Rede Española de Cidades Educadoras (RECE).
TURISMO
Turismo de Santiago busca aos novos "chaquetas vermellas"
Para reforzar os servizos de información turística durante a temporada alta, Turismo de Santiago reunirá un ano máis a un grupo de voluntarios que, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, serán "informadores móbiles" nas principais rúas e prazas do casco histórico compostelán.
DEPORTES
Uns 650 escolares participarán nos IV Encontros Deportivos da Asociación Española de Pediatría
Os IV Encontros Deportivos da Asociación Española de Pediatría "O deporte é saúde", reunirán a 650 escolares de Santiago e da súa área de influencia, no estadio de San Lázaro, o venres 6 de xuño. Con este encontro preténdese promover hábitos de vida saudables.
CULTURA
Carlos Blanco e Manecas Costa levan "Humor neghro" ao Teatro Principal
O espectáculo escénico Humor neghro chega ao Teatro Principal da man do actor Carlos Blanco e do percursionista Manecas Costa. A dobre cita é o venres 6 e o sábado 7 de xuño, ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
Santiago, referente da pediatría en España
O 57 Congreso da Asociación Española de Pediatría reúne no Palacio de Congresos a 2.300 pediatras entre o 5 e o 7 de xuño. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou este encontro, no que destacados especialistas tratarán temas como as vacinas infantís ou a obesidade nos máis pequenos, entre outros.
ALCALDÍA
Compostela incorpora unha nova residencia ao seu mapa de atención social aos maiores
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou residencia de maiores "Mirador de Compostela" no Outeiro do Castiñeiriño. No acto estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Preséntase no CSC do Castiñeiriño un libro sobre os campos de concentración de Galicia na Guerra Civil
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolle o venres 6 a presentación do libro Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo, de Xesús Costa Rodil e Xesús Santos, que participan en dita presentación.