BENESTAR SOCIAL
Benestar Social atendeu case 10.000 demandas e xestionou máis de 2.000 prestacións en 2007
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presentou a memoria da Concellería de Benestar Social correspondente ao 2007. Neste período, o departamento atendeu 9.654 demandas a través dos seus Puntos de Atención de Servizos Sociais, situados no Centro de Servizos Sociais, en Galeras, e nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas, A Trisca e O Ensanche.
ALCALDÍA
O alcalde preside a primeira xuntanza do proxecto europeo de vivenda social URBACT
O xoves 26 de xuño, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, dará inicio de maneira oficial ao programa do URBACT, no Centro de Estudos Avanzados da USC. Na xuntanza deste proxecto, que lidera Santiago, participarán expertos das cidades de Hamburgo, Nantes, Medway, Siemianowice Slaskie, Rennes e Albacete. Por parte da Secretaría europea do Programa URBACT asistirán Raffaele Barbato e a experta Heidrun Feigefeld.
EDUCACIÓN
Sorteadas as doce prazas do Concello para participar no programa "Vivir Zaragoza"
Nun acto celebrado no Salón de Plenos de Raxoi, elixíronse mediante sorteo os doce nenos e nenas de 10 a 14 anos que participarán no programa "Vivir Zaragoza". Estas prazas son as que corresponden ao Concello dentro desta iniciativa, convocada pola Deputación da Coruña.
TURISMO
"La princesa Alegría", do madrileño Daniel Utrilla, gaña o concurso Compostela Plató
Desvelouse o gañador de Compostela Plató, o concurso de guión organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Trátase de La princesa Alegría, do madrileño Daniel Utrilla.
MEDIO AMBIENTE
Unha invitación a descubrir o Sarela de ponte a ponte
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, acompañada de Paula Piñeiro, xerente de Aquagest en Santiago, presentou en rolda de prensa o roteiro De ponte a ponte, polo río Sarela, que será divulgado a través dun folleto despregable. O roteiro e o folleto son froito da colaboración entre a Concellaría do Medio Ambiente e a empresa Aquagest, empresa concesionaria da rede de abastecemento de augas do municipio.
FESTAS
Carlos Baute, Caetano Veloso, Mala Rodríguez ou Amaral, primeiros nomes confirmados das Festas do Apóstolo
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, anunciou un avance do programa das Festas do Apóstol, que se celebrarán entre o 18 e o 31 de xullo. Carlos Baute, Caetano Veloso, Mala Rodríguez, Milladoiro, Amaral ou Loreena Mckennitt son algúns dos nomes xa confirmados.
CULTURA
Inaugúrase exposición "Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo"
A exposición Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo, inaugurarase martes 1 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. A Concellería de Cultura tiña previsto inaugurar esta mostra o 18 de xuño, pero problemas de transporte das pezas da mostra, provocados polo conflicto do transporte obrigaron a adiar a inauguración.
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social dá o visto bo ao documento provisorio do Plan Estratéxico
Os membros do Consello Económico e Social reuníronse para coñecer e dar aprobación ao documento final provisorio de liñas e medidas estratéxicas do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela, que fai unha diagnose e achega as liñas mestras que seguirá a nosa cidade durante os vindeiros vinte anos.