EDUCACIÓN
"Compostela en danza" amosará as coreografías realizadas nos centros escolares
O Auditorio de Galicia acollerá o domingo 8 de xuño, ás 20:00 horas a terceira edición do Certame de Danza Intercentros "Compostela en danza". Será a oportunidade de contemplar ata 17 coreografías realizadas por 150 alumnas de cinco centros de ensino da cidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural das Fontiñas dedica á auga a súa Semana Cultural
A Semana Cultural do Centro Sociocultural das Fontiñas chega á súa sétima edición entre o 3 e o 7de xuño. Neste ano 2008, en que se celebra o Ano Internacional da Auga, no centro tamén quixeron ter presente este recurso natural como fío condutor das actividades.
MEDIO AMBIENTE
Ábrese o prazo para solicitar as autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís
Do 4 ao 7 de xuño estará aberto o prazo de solicitude das autorizacións para a concesión de uso das hortas municipais no parque de Belvís.
EDUCACIÓN
Aprobadas as listas provisionais para as escolas infantís de Conxo e de Fontiñas
A Xunta de Goberno local deu o visto bo ás listas provisionais de admisión e de espera nas escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas para o curso 2008-2009.
CIDADE HISTÓRICA
Última fase para a posta en marcha da rede Wimax no Casco Histórico
O Goberno local aprobou os pregos de cláusulas técnicas e prescricións administrativas para a contratación da subministración e posta en marcha dunha rede Wimax no Casco Histórico, así como a súa xestión, mantemento e explotación.
URBANISMO
Aprobado o proxecto de urbanización do SUNP-25 de Roxos
A Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do Sunp-25 de Roxos. Dáse así vía libre para adxudicar un proxecto que afectará a un ámbito de algo máis de 16 hectáreas, cun orzamento de execución material de 2,9 millóns de euros.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo preside en San Sebastián a IX Asemblea das Cidades do Arco Atlántico
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o inicio da IX Asemblea Xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico en San Sebastián. No decurso da mañá tiveron lugar as reunións dos grupos de traballo e na tarde a xuntanza do buró executivo da organización, para tratar temas de organización interna deste importante grupos de cidades europeas, cuxa presidencia ostenta na actualidade o alcalde de Compostela.
REHABILITACIÓN
Comeza o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación de elementos de madeira nos inmobles da Cidade Histórica
Foi publicado no BOP a proposta da Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica para conceder axudas á rehabilitación de edificios e vivendas en execución do Plan especial de protección e rehabilitación da zona vella compostelá. Para solicitar a información na súa totalidade pódese realizar calquera tipo de consulta na Oficina de Rehabilitación e Cidade Histórica situada no nº 59 da rúa do Vilar.
TURISMO
Remata o prazo para participar no "Compostela Plató"
Ata o 8 de xuño os autores nados ou residentes en España poden participar no concurso de guións Compostela Plató enviando un guión para curtametraxe de temática libre, escrito en galego ou castelán, que se desenvolva ou que poida ser rodado en interiores e exteriores de Santiago de Compostela alomenos nun 80%.