BENESTAR SOCIAL E CULTURA
Bota a andar a Asociación Párkinson Compostela baixo o lema "conéctate á vida"
Unha nova entidade social, a Asociación Párkinson Compostela (ASPAC), dá os seus primeiros pasos. O Concello, a través das súas concellerías de Benestar Social e de Cultura, quixo manifestarlle publicamente o seu apoio na súa presentación aos medios. Para toda a sociedade compostelá, a posta de longo será o sábado 14 de xuño, cun concerto na praza do Toural.
CONSUMO
Unha nova guía ensina a comprar con seguridade
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), en colaboración coa Federación Galega de Euroconsumo, lanza a Guía práctica para comprar seguro. A publicación recolle unha serie de consellos e recomendacións básicas para desenvolverse cun mínimo de fiabilidade no mundo das compras.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais da Trisca e do Castiñeiriño poñen en marcha novas edicións das súas semanas culturais
"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.
TURISMO
Máis de 100 guións participarán no certame "Compostela Plató"
Unha vez rematado o prazo de participación, os 114 traballos participantes no certame de guión Compostela Plató agardan a resolución do concurso.
MOCIDADE
Comeza o certame "Músicaxove’08"
O I Certame Músicaxove’08, organizado pola Concellaría de Mocidade, comeza o venres, 13 de xuño, coa actuación dos catro grupos na modalidade de metal: Deserve, The Weak Force, Codename e Thinking Twice, todos procedentes de Santiago. As actuacións comezarán as 22:00 horas, pero as portas da Sala Capitol abriranse media hora antes para que os interesados poidan recoller a súa entrada en taquilla. A asistencia é de carácter gratuíto ata esgotar as localidades.
COMERCIO
Promoción Económica facilita aos comercios composteláns o acceso á publicidade nos medios locais
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, asinou catro convenios de cooperación con Compostela Visión, S.L. (LOCALIA), Radio Popular-Cadena COPE, Cadena Ser-Radio Galicia e Consulting Empresarial de Comunicaciones 2003, S.L., para o desenvolvemento do Programa de acceso á publicidade destinada ao sector comercial/empresarial de Compostela. Está previsto tamén se adhiran a este programa novos medios de comunicación.
ALCALDÍA
O alcalde consegue en Madrid que Fomento revise a entrada do AVE na cidade
O alcalde reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Planificación e Relacións Institucionais de Fomento, Víctor Morlán, que estivo acompañado pola directora xeral de Relacións Institucionais, María Teresa Rodríguez Barahona. No encontro, o alcalde trasladoulle ao secretario o documento coas alegacións formuladas polo Concello ao anteproxecto do Ministerio de Fomento que atinxe á entrada do AVE en Santiago polo do Castiñeiriño. Segundo sinalou o alcalde, é este un barrio que evolucionou...
TRANSPORTES
Sánchez Bugallo inaugurou as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano
Xusto despois de chegar de Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, desprazouse ata o hotel NH Obradoiro para inaugurar as III Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano.