EDUCACIÓN
Educación destina 36.000 euros a obras de mantemento e fontanería nos centros escolares
A Xunta de Goberno deu o visto bo a un investimento de 36.000 euros da Concellaría de Educación para resolver avarías e desperfectos que se dan durante o curso e que é preciso arranxar de modo urxente.
MOBILIDADE
O Concello solicita a Presidencia a cesión dun novo vehículo para Protección Civil
A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá solicitará á Consellería da Presidencia a cesión en propiedade dun vehículo especialmente preparado para misións de Protección Civil. A Xunta de Goberno deu o visto bo a esta tramitación.
PROXECTO COMUNITARIO
Aprobada a iniciativa Urbana Santiago Norte
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto Iniciativa Urbana Santiago Norte para o período 2007-2013, cun orzamento que ascende a 15.150.000 euros. Igualmente, acordouse solicitar á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda o financiamento do 70% do referido proxecto. O resto achegaríao o Concello.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais destina máis de 32.000 para as actividades estables do primeiro trimestre de 2008
A Xunta de Goberno local aprobou a proposta de gastos e ingresos das actividades dos meses de xaneiro, febreiro e marzo do ano 2008 da rede sociocultural. En concreto, faise unha previsión de gastos de 32.747 euros.
OBRAS
Renovación da rede de saneamento na rúa de Belvís
O Goberno local aprobou o proxecto de renovación dun tramo de 70 metros da rede de saneamento da rúa de Belvís. O importe da obra, que xa se está a executar, é de 16.968 euros.
EDUCACIÓN
Cento setenta alumnos do Pío XII empregan xa o novo comedor do centro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educacion, Guadalupe Rodríguez, visitaron xunto coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o novo comedor escolar do colexio Pío XII. O servizo atende a 170 alumnos.
TURISMO
Cheo total nos obradoiros con marisco de "Santiago de Compostela. Repetirás"
A Galería Sargadelos encheuse de afeccionados á gastronomía para asistir aos derradeiros obradoiros para aprender a cociñar marisco. Preto de 120 persoas foron atraídas polo arte culinario de dous chefs tan reputados coma Yayo Daporta e Marcelo Tejedor, que amosaron diversos xeitos de cociñar marisco e algas, o último tesouro dos mares galegos.