EDUCACIÓN
Vinte e nove organizacións achegarán o seu traballo aos composteláns no IX Foro de ONG
Coincidindo coa celebración, o 30 de xaneiro, do Día Mundial pola Paz, a Concellaría de Educación organizada o IX Foro de Organizacións non Gobernamentais (ONG) e a Quincena da paz, da convivencia e da solidariedade, que inclúe diversas actividades para a comunidade educativa compostelá. O Foro celebrarase o sábado 26 de xaneiro no centro comercial Área Central.
CULTURA
O cego é o que ve en "Misericordia", por Teatro de Ningures
A compañía Teatro de Ningures trae ao Principal a súa nova montaxe, Misericordia, de Benito Pérez Galdós. Partindo da obra orixinal, esta adaptación traslada ao espectador ata Compostela, en troques de a Madrid, e lévao de viaxe polos estratos máis baixos da sociedade. Será o xoves 24 e o venres 25, ás 21:00 horas.
DEPORTES
Oitocentos escolares participaron na I Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo
O martes 22 de xaneiro finalizou a I Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa empresa XADE. En total, participaron nesta exitosa actividade 800 rapaces, procedentes de 17 centros educativos.
TURISMO
"Santiago é grande", novo lema promocional para Compostela
Turismo de Santiago renova a imaxe turística da cidade cunha liña de comunicación centrada na idea de que "Santiago é grande", por reunir valores coma o patrimonio, o Camiño de Santiago, a capitalidade de Galicia, a Catedral, a Universidade, a cultura, a arquitectura contemporánea, os espazos verdes, a gastronomía e a vida urbana, entre outros.
TURISMO
O Fórum Santiago’08 acolle o primeiro encontro de bloggers gastronómicos
No marco do Fórum Gastronómico Santiago’08 celebrarase o I Encontro de bloggers enogastronómicos, EFórum, que reunirá a expertos de primeira orde nunha faceta de Internet en auxe e que cada vez congrega a máis afeccionados.