NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Un Nadal en galego
"Carta aos Reis Magos" e "Para vivir un Nadal en galego" son os títulos de dúas novas campañas que vén de por en marcha a Concellaría de Normalización Lingüística. O seu obxectivo, promover o emprego do galego entre os nenos e entre os comerciantes, respectivamente.
CULTURA
O VII Festival de Zarzuela consolídase como divulgador de músicas populares
Compostela tampouco faltará este Nadal á súa cita coas músicas populares no VII Festival de Zarzuela. Será os días 27 e 28 de decembro, e o 3 e 4 de xaneiro, nunha edición que este ano trae, ademais de zarzuela, opereta e musical americano.
TURISMO
Éxito de expositores no Fórum Gastronómico Santiago’08
A feira que albergará o Fórum Gastronómico Santiago’08. As cociñas do Atlántico converterase nun amplo escaparate onde confluirán axentes de produción, produtos innovadores e as últimas tendencias no mundo da hostalería. A expectación que está a provocar a celebración de este evento en Compostela reflíctese no feito de que, a tres meses do Fórum, todo o espazo feiral xa está vendido. Con todo, xa están abertas as listas de espera.
EDUCACIÓN
COGAMI e Banessa Giménez gañan a XV edición dos Premios Vagalume
O xurado dos XV Premios Vagalume designou como gañadores desta edición á Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), no apartado colectivo, e a Banessa Giménez Giménez, no apartado individual. Os galardóns entregaranse o mércores 19 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Hotel Araguaney.