DEPORTES
Sar e Santa Isabel amplían horarios para abrir case 15.000 horas ao ano
As piscinas de Sar reabriron as súas portas tras unhas obras de remodelación. Esta ocasión foi aproveitada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo para visitar as instalacións, cuxa reapertura coincide cunha ampliación de horarios nas instalacións xestionadas pola sociedade mixta Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE).
CULTURA
"Implícate!": música e palabras solidarias
A música, a danza, o teatro e a poesía daranse cita no Teatro Principal na terceira edición de "Implícate! noite de música e palabra solidaria", unha gala organizada por Implicadas no Desenvolvemento (IND) e presentada por Yolanda Castaño e Isabel Blanco. Será o domingo 16, ás 20:30 horas, e alí estará xente como Loretta Martín, Espido, Nova Galega de Danza, María Reimóndez, Iria Piñeiro, Paula Carballeira, María Lado, Antón Lopo, Estíbaliz Espinosa ou Miguel Anxo...
CULTURA
A Orquestra de Cámara Galega reivindica os compositores galegos nun concerto especial
O Auditorio de Galicia acolle o mércores 12 de decembro, ás 20:00 horas, un concerto da Orquestra de Cámara Galega, que interpretará un programa de dous compositores galegos: Rogelio Groba e Andrés Gaos. Difundir a música clásica feita en Galicia entre os propios galegos é o obxectivo deste evento.
TURISMO
O Fórum Gastronómico Santiago’08 preséntase en Lisboa ante os principais xornalistas de Portugal
O mércores 12 de decembro, no restaurante Eleven de Lisboa, terá lugar un xantar cos principais xornalistas gastronómicos de Portugal, que poderán coñecer de primeira man as características e iniciativas que propón o Fórum Gastronómico Santiago’08, que se celebrará entre o 16 e o 20 de febreiro de 2008 en Santiago de Compostela, e que reunirá aos mellores profesionais da cociña europea actual.
ALCALDÍA
O Real Aeroclub celebrou a festa da súa patroa
O Real Aeroclub de Santiago celebrou no seu local de Xeneral Pardiñas un acto na honra da patroa da aviación, a Virxe de Loreto, que por extensión é a patroa do club. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o evento, no que se entregaron diplomas aos novos pilotos.