TRANSPORTES
Os cidadáns disporán de 100 bicicletas para uso público en dez puntos da cidade
O Concello de Santiago aposta pola bicicleta como unha "opción estratéxica" de transporte público. Así o indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na presentación do plan que está a preparar o Goberno municipal para o uso deste medio de transporte. Entrará en funcionamento en marzo de 2008 e o custo para o usuarios será de apenas seis euros anuais.
URBANISMO
O Concello pon a disposición da Comunidade Autónoma a parcela para o novo colexio de primaria de Pontepedriña
A Xunta de Goberno do luns 12 aprobara a posta a disposición da Comunidade Autónoma da parcela na que se construirá o novo centro educativo de primaria de Pontepedriña. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que indicou que en xaneiro estará rematada a tramitación e a Xunta poderá licitar as obras.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "A posición do Concello será a de defender a prohibición da venta de alcohol a menores de 18 anos"
Na súa habitual rolda dos venres, o alcalde fixo balance da xuntanza mantida polos rexedores das sete grandes cidades coa conselleira de Sanidade, María José Rubio. Sánchez Bugallo comentou que na xuntanza non houbo "ningunha sorpresa" e recordou a invitación da conselleira a participar na elaboración da futura na futura Lei Integral de Prevención, Asistencia e Inserción en Materia de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas.
TURISMO
O programa "Vivir Compostela" pechou con 4.500 solicitudes
O programa de sensibilización turística "Vivir Compostela", xestionado por Turismo de Santiago, permitiu a 3.365 composteláns participar en visitas guiadas, paseos e excursións normalmente ofertados aos turistas.
TURISMO
A Real Filharmonía de Galicia pon música ao novo vídeo promocional de Santiago de Compostela
O luns 11 de novembro, a Real Filharmonía gravará a peza musical que servirá de banda sonora ao novo vídeo encargado dende Incolsa para a promoción exterior de Santiago. A produción, rodada con modernas técnicas cinematográficas, está baseada nun plano secuencia que percorre os lugares emblemáticos de Compostela seguindo unha pompa de xabón.