URBANISMO
Sánchez Bugallo avoga por unha arquitectura "que teña en conta aos cidadáns e as súas necesidades"
Os V Encontros Internacionais de Arquitectura congregan en Santiago, do 8 ao 10 de novembro a quince arquitectos de gran prestixio internacional, que falarán sobre a súa particular percepción da arquitectura a través dos seus traballos. O evento xira en torno ao papel do arquitecto na sociedade.
REHABILITACIÓN
Vía libre a 70 novas actuacións nas áreas de rehabilitación de Vista Alegre e do Casco Histórico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; a ministra de Vivenda, Carme Chacón; e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, asinaron os acordos da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan Vivenda 2005-2008 relativos ás áreas de rehabilitación de Vista Alegre e do Casco Histórico. O acto de sinatura, presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, dá vía libre á rehabilitación de 70 inmobles nestas dúas áreas.
TRANSPORTES
José Ramón Mosquera, novo xerente en funcións de Tussa
O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (Tussa), presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, designou como director-xerente en funcións a José Ramón Mosquera Ferreiro.
CULTURA
Cineuropa acolle a estrea do documental "Liste, pronunciado Líster"
Un neno de aldea que chegou a xeneral de catro exércitos (o republicano, o ruso, o polaco e o iugoslavo), que naceu co nome de Xesús Liste e morreu co de Enrique Líster. El protagoniza o filme de Margarita Ledo Andión Liste, pronunciado Líster, que será estreado o venres 9 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, no marco do festival Cineuropa.
CONSORCIO
Comeza a edición de outono do "Compostela Organum Festival"
Entre o 10 e o 25 de novembro tres igrexas da cidade -Universidade, Ánimas, e San Miguel dos Agros- acollerán o ciclo de música Compostela Organum Festival, na súa edición de outono, que completa os concertos anteriores celebrados no mes de maio. Trátase dunha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso da cidade e á revitalización dos órganos destes templos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Santiago.
ALCALDÍA
Os concellos das grandes cidades e a Xunta colaborarán na elaboración da futura Lei Integral de Condutas Aditivas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu xunto cos alcaldes das outras seis grandes cidades galegas a unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, María José Rubio. Todos eles expuxéronlle o seu punto de vista respecto ao problema do botellón e ao tratamento que o mesmo debería ter na futura Lei Integral de Prevención, Asistencia e Inserción en Materia de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas, que prepara a Administración autonómica.