CONSORCIO
Xosé A. Sánchez Bugallo: "Obradoiros como o de Ánimas permiten manter o patrimonio nas condicións en que o recibimos"
Trala realización da parte práctica do programa de formación de restauradores, iniciado o pasado 21 de agosto no Centro Mestre Mateo, deu comezo un ciclo de conferencias, que foi inaugurado polo alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, coa participación de máis de corenta restauradores.
TURISMO
CurtoCircuíto na Rúa exhibe o mellor do panorama español de ficción
O parque de Bonaval será o escenario escollido esta vez para unha nova sesión de proxeccións de CurtoCircuíto na Rúa. O xoves 31 poderase ver o mellor do panorama español de ficción, acompañado da música de Blue Mouse.
CULTURA
Riscadela e Alvariza pechan Música na Rúa
As actuacións de Riscadela e de Alvariza o xoves 31 poñen fin a unha nova edición de Música na Rúa. Foron doce xornadas ao longo do mes de agosto nas que veciños e turistas puideron gozar en directo dos ritmos máis tradicionais de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello solicitará un crédito de 600.000 euros para afrontar os gastos da extinción dos incendios nun pleno extraordinario que se convocará o vindeiro luns
Os lumes que sufriu o Concello de Santiago neste mes de agosto xeraron cuantiosos gastos aos que agora teñen que facer fronte as arcas municipais. Con este motivo, o próximo luns, 4 de setembro, convocarase un pleno extraordinario e fixarase a súa data de celebración, que podería ser nesa mesma semana