OFRENDA
O presidente da Xunta fai unha chamada ao acordo e á convivencia na ofrenda ao Apóstolo
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, solicitoulle ao Apóstolo que "a luminaria da súa presenza en Santiago de Galicia sirva para clarexar os camiños compartidos pola España plural". Este e outros temas de actualidade, coma o terrorismo, a violencia ou a identidade de Galicia foron os protagonistas da ofrenda realizada polo delegado rexio na Catedral compostelá, no máis tradicional dos actos cos que se celebra o 25 de xullo.
FESTAS
Fogos, música e imaxes uníronse nunha sincronización perfecta na noite compostelá
A Praza do Obradoiro, a Catedral e o ceo compostelán foron escenario duns espectaculares Fogos do Apóstolo, presenciados por preto de 100.000 persoas dende prazas, rúas e xardíns. Unha perfecta sincronización de fogos, proxeccións e música creou un singular espectáculo que serviu para dar a benvida ao día grande de Galicia.