DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte destina 30.000 euros á formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns
A Fundación Compostela Deporte presentou as Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas individuais composteláns 2008. A cuarta edición desta convocatoria conta cunha dotación orzamentaria total de 30.000 euros, que serán outorgados en réxime de concorrencia competitiva.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao expediente de expropiación da Casa do Cabildo
O Goberno local aprobou definitivamente o expediente de expropiación da Casa do Cabildo, tramitado polo procedemento de taxación conxunta por importe de 2.289.170 euros. Quedaron igualmente definidas as partes proporcionais respecto a esta cantidade, por tratarse de dúas parcelas afectadas, tomando como criterio de asignación o valor da fachada.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase o programa para 40 novas actuacións na ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou a memoria-programa para 40 novas actuacións de rehabilitación de vivendas e reurbanización na área de rehabilitación integral do polígono de Vista Alegre.
ALCALDÍA
Os retos de ser maior, a debate en Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o XVII Congreso Confederal e Internacional da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España. Neste encontro, que se celebra do 6 ao 8 de outubro, participan uns 1.500 representantes de asociacións nacionais e internacionais de maiores.
FACENDA
O Concello conxela a taxa pola recollida do lixo e actualiza as demais segundo o IPC
A taxa pola recollida do lixo non sufrirá variación no 2009, segundo anunciou o concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, na presentación das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio. No resto de taxas prodúcese unha actualización en función do IPC. Tamén se introducen algunhas modificacións para mellorar a xestión.
ALCALDÍA
Concelleiros de Deportes da provincia de Barcelona visitan as instalacións da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a un grupo de concelleiros de Deportes da provincia de Barcelona.
AUDITORIO
A Real Filharmonía de Galicia abre os seus ensaios ao público
Como novidade da nova temporada, a Real Filharmonía de Galicia abre os seus ensaios ao público nunha iniciativa que pretende ser unha forma diferente de achegarse ao traballo cotián da orquestra.
TURISMO
Salsorro acollerá o musical "Fantàsia" na súa única representación no norte de España
A sétima edición do Festival Internacional de Salsa de Galicia, Salsorro, acollerá a única representación norte de España do musical Fantàsia, un dos maiores espectáculos de salsa do mundo, no que participan máis de 25 bailaríns e cantantes, incluíndo as formacións completas de dúas das compañías de máis prestixio internacional: Tropical Gem e Flamboyan Dancers.
DEPORTES
Entregados os premios da iniciativa Xogo Solidario
A sede da Fundación Compostela Deporte foi o escenario da entrega dos premios correspondentes á iniciativa Xogo Solidario, enmarcada no desenvolvemento do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI). O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, fixo a entrega dos premios.
ALCALDÍA
O alcalde asiste ao encontro en Santiago dos principais axentes do sector pesqueiro galego
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao encontro dos Grupos de Accións Costeira, que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos. Nesta xuntanza estivo presente o comisario europeo de Pesca, Joe Borg, e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego.