CULTURA
"Revelando Voces" lanza un ano máis aos novos intérpretes de Compostela
O Ciclo Revelando Voces pretende achegar un ano máis aos centros socioculturais de Compostela sons de diferentes formacións locais, buscando novos públicos e nova proxección para estes intérpretes. Os artistas interesados en participar nesta nova convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 22 de marzo.
ALCALDÍA
O Concello homenaxeou a oito mulleres exemplares no seu labor en prol dos demais
Oito mulleres de diversos ámbitos profesionais, pero cunha recoñecida traxectoria social e en prol dos demais, recibiron a homenaxe da cidade nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Pechouse así o programa municipal de actividades con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo.
CULTURA
Curtocircuíto pecha o prazo de inscrición de curtas con 2.289 traballos recibidos
O 5 de Marzo pechouse o prazo para todos aqueles que quixeran inscribir as súas curtas e estar presentes nunha nova edición de Curtocircuíto. Unha vez rematadas as datas de inscrición, a cifra de curtas presentadas este ano ascende a un total de 2.289.
IGUALDADE
Unha mesa redonda aborda o papel da muller no desenvolvemento
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo), a Concellería de Benestar Social e Igualdade colabora coa organización non gobernamental Jóvenes y Desarrollo nunha mesa redonda co título Mulleres, protagonistas do desenvolvemento. A cita é este mesmo martes 9, ás 19:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19).
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o regulamento do Servizo de Atención Domiciliaria e Comunitaria á Infancia
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de regulamento de funcionamento do Servizo de Atención Domiciliaria e Comunitaria á Infancia. O obxectivo do cambio na norma é ampliar a atención domiciliaria a aquelas unidades de convivencia que presentan especiais dificultades na atención dos menores ao seu cargo.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E EDUCACIÓN
Santiago acollerá en maio un grande encontro de cidades europeas
Este encontro, que coincidirá coa celebración do Día de Europa, é unha das accións que hoxe se perfilaron na cidade italiana de Narni, onde parte dos representantes da delegación de Santiago de Compostela se reuniron cos seus homólogos alí para desenvolver os traballos da axenda fixada no proxecto Santiago-Une, cofinanciado pola Comisión Europea co obxectivo de favorecer a relación entre cidades, o estreitamento de lazos xa iniciados e que coa axuda do proxecto e do programa "Europa para os cidadáns".
EMPREGO
Cersia Empresa centralizará a prestación de servizos a empresas e desempregados
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitou o Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa, Cersia Empresa, situado en San Lázaro. Esta infraestrutura de servizos permitirá centralizar toda a información e axuda que se preste dende o Concello e outras entidades (coma as colaboradoras no Pacto polo Emprego) ao emprendemento, ás empresas xa constituídas, ás entidades sen ánimo de lucro e as propias persoas desempregadas que buscan información ou...
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade e o Ano Santo en Berlín
Turismo de Santiago estará presente na ITB de Berlín, considerada a maior feira turística do mundo, para promocionar os atractivos da cidade neste Ano Santo Compostelán. A empresa municipal de turismo presentará a cidade tanto aos diferentes axentes vinculados ao sector como ao público xeral.
ALCALDÍA
O alcalde convida os responsables municipais de Roma a visitar Santiago
O alcalde compostelán, Xose A. Sanchez Bugallo, visitou o concello de Roma, onde foi recibido polo vicesindaco Mauro Cutrufo, con quen departiu arredor dos elementos comuns que teñen ambas cidades históricas. Entre estes, Sánchez Bugallo resaltou o "compoñente espiritual" e o feito de querer "gañar o futuro mantendo a fidelidade ao pasado e ás nosas raíces".
ALCALDÍA
O alcalde salienta o papel do Camiño de Santiago na loita contra a exclusión social
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo alcalde de Assisi, Claudio Ricci, inaugurou a xornada Un Camiño de valores. Loita contra a pobreza e a exclusión social, no Palazzo Municipale de Assisi. Este mesmo día inaugurouse cun grande éxito a exposición "Santiago une a Europa". Acudiu numeroso público, entre os que estaban alumnos dos colexios de Assisi.