CONSORCIO
O músico alemán Jürgen Kussmaul impartirá clases a vindeira semana na EAEM
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o recoñecido violista alemán Jürgen Kussmaul transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de corda. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense un total de catro prazas para alumnos externos ao centro.
COMERCIO
O Concello presenta os vídeos dos establecementos nomeados Embaixadores do Barrio de San Pedro
A Concellería de Comercio vén de presentar os vídeos realizados nos establecementos que foron nomeados "Embaixadores do Barrio de San Pedro". As pezas audiovisuais teñen como obxectivo dar promoción á emblemática zona da cidade, amosándoa como un lugar para vivir, traballar, emprender, mercar e divertirse.
FESTAS
O desfile do Meco abriu a programación do Entroido en Compostela
Co desfile do Merco arrancou a o programa do Entroido 2015 en Santiago de Compostela. O boneco subiu ao Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o mércores 18 de febreiro. A animación musical puxérona as comparsas Os Conformistas, de Conxo e A Ruliña, de Laraño. Do pregón encargouse Fantoches Baj.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello limpou 81.000 metros de cunetas en 21 parroquias do rural compostelán
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de Relacións Veciñais, José María Rosende, visitaron as obras de limpeza de cunetas realizadas na parroquia de Aríns, incluídas no programa de actuacións para rexenerar a drenaxe de diversas vías das parroquias rurais no termo municipal. Investíronse 59.526 euros nestes traballos, realizados entre decembro e xaneiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Apertura da inscrición na viaxe a Taramundi, primeira de "Imos de excursión 2015"
A primeira das excursións programadas dentro da campaña Imos de excursión abrirá o prazo de inscrición presencial nos centros socioculturais o martes 17 de febreiro ás 17:00 horas.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
O Concello pon en marcha un proxecto piloto de reserva de praza de estacionamento en superficie a través do móbil
Dende as 7:00 horas do vindeiro luns, 16 de febreiro, e durante 90 días, a avenida de Barcelona será escenario dun proxecto piloto de reserva de praza de estacionamento a través do móbil. Serán 36 prazas as dispoñibles, de xeito gratuíto, nun horario de 7:00 a 14:00 horas. Os condutores que baixen a aplicación, tamén de balde, poderán buscar en tempo real as prazas libres nesta rúa, reservalas e aparcar.
ALCALDÍA
Reunión de Agustín Hernández co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na súa primeira visita institucional ao Concello dende o seu nomeamento. Tamén participou na reunión o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.
CONSORCIO
O Consorcio finaliza as obras na igrexa de Figueiras, destinadas a evitar a entrada da auga da choiva a través do campanario
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, acaban de rematarse as obras na igrexa de Santa María de Figueiras, de orixe románica. A finalidade era atallar o problema de entrada da auga da choiva a través do campanario e que afectaba ao inmoble. A obra centrouse na cuberta e nos remates exteriores e interiores do templo, cun orzamento global de 22.687,50 euros.
CULTURA
"Cando a música se volve paixón...", concerto da Banda Municipal de Música este domingo
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece este domingo o seu habitual concerto no Teatro principal, ás 12:00 horas. Baixo o título Cando a música se volve paixón..., estará dirixido por Juan Miguel Romero Llopis e contará coa colaboración de Raúl Pérez Alves como óboe solista. A entrada será de balde ata completar as localidades da sala.
CULTURA
Concerto de The James Hunter Six este sábado dentro do ciclo Sons’15
O británico James Hunter presenta en Santiago o seu novo disco, Minute by minute, no que reúne talento, experiencia e R&B. Tras un tempo afastado dos focos volve a estar en xira e visita a nosa cidade na formación The James Hunter Six. Será este sábado, ás 21:00 horas, na Sala Capitol e dentro do ciclo Sons’15. Como teloneiros actuarán a formación dos galegos The Limboos, grupo revelación da escena nacional. As entradas, a 16 euros anticipada e 18 o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do...