MEDIO AMBIENTE
Varios paneis informativos e un folleto difunden os valores ambientais e patrimoniais do río Tambre
As ribeiras do río Tambre contan cunha nova sinalización, na que se ofrece información sobre este Lugar de Interpretación Comunitaria (LIC). Ademais, editouse un folleto de divulgación dos valores desta área, utilizada por moitos composteláns coo espazo de ocio e disfrute da natureza.
ALCALDÍA
O Concello farase cargo de Bando para convertelo nun recinto deportivo de titularidade municipal
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse en Raxoi cunha representación do Aeroclub encabezada polo seu presidente, Juan Cuevas.
ALCALDÍA
O Concello colabora con 3.000 euros ao importante labor asistencial da Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega á Asociación de Viúvas Rosalía de Castro do cheque por valor de 3.000 euros correspondente ao premio de investigación Xohana Torres 2008. No acto tamén participou a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.
COMERCIO
A Gala do Comercio homenaxeará a Fotos Arturo, Fotos Novoa, Curtidos Compostela, Talleres Arco e Magar
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, deu a coñecer os nomes dos cinco estabelecementos que van ser homenaxeados na IV Gala do Comercio Compostela capital de compras, que celebrará o 31 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Os comercios recoñecidos son: Fotos Arturo, Fotos Novoa, Curtidos Compostela, Talleres Arco Máquinas e Magar Géneros de Punto.
CONSORCIO
A Fundación Granell gaña 400 metros cadrados en Bendaña para albergar a biblioteca persoal do artista
O edificio do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, vai ser sometido a un proceso de acondicionamento de novos espazos, tras a anexión da superficie ocupada ata agora dentro do inmoble pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA). Para estas obras, o Consorcio destina 629.896 euros.
MEDIO AMBIENTE
A plantación de 300 árbores en Volta do Castro será a principal actividade da celebración do Día da Árbore e da Auga
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou as actividades que o seu departamento desenvolverá para celebrar o Día da Árbore e o Día da Auga. Cienfuegos, que tamén presentou a imaxe e o material promocional desta celebración, estivo acompañada por Luis Incera, xerente de Cespa, e Paula Piñeiro, delegada de Aquagest, ambas entidades que colaboran nestas actividades.
XUNTA DE GOBERNO
Novas áreas infantís e recreativas en Salgueiriños, San Lázaro e Vidán
A Xunta de Goberno adxudicou tres novas obras das incluídas no Fondo de Inversión Local. En concreto, trátase da remodelación da zona norte do parque de Salgueiriños e da creación dunha área de xogos infantís no parque de San Lázaro e doutra área recreativa en Vidán.
FACENDA
O FEDER achega unha subvención de máis de 624.000 euros para catro proxectos executados polo Concello
O Ministerio de Economía e Facenda vén de aprobar unha subvención sobrevida do FEDER para subvencionar o 70% do custo de catro proxectos de reurbanización de rúas executados polo Concello con fondos propios durante 2006. Esa subvención supón unha achega de 624.169,95 euros respecto dos 891.671,37 euros que custaron as catro actuacións.
TURISMO
Última cata guiada de "Santiago Repetirás"
Unha cata guiada protagonizada polas cervexas Estrella Galicia maridadas co queixo da D.O. Tetilla e un taller gastronómico infantil son as actividades elixidas para poñer o punto final a Santiago Repetiras, programa organizado por Turismo de Santiago. O sábado 21 de marzo, e tras cinco meses de sesións gastronómicas, o Parador Hostal dos Reis Católicos acolle as derradeiras desta edición.
REHABILITACIÓN
Un técnico de Rehabilitación do Concello atenderá as dúbidas e consultas dos veciños en relación á ARI da Pontepedriña
A partir do venres 20, un técnico do departamento de Rehabilitación do Concello de Santiago estará no Local das Avoas (rúa de Samos, 6 - baixo) para atender a todos aqueles veciños e veciñas que queiran informarse sobre a ARI que se declarou no grupo de vivendas Compostela e Cardenal Quiroga. O técnico estará en horario de 9:00 a 14:00 horas durante un mes, tempo que poderá prorrogarse en función da demanda dos veciños e veciñas.