CULTURA
Maxia cómica en "Verán na rúa"
O mago Pablo Good Idea animára co espectáculo Pablo Superstar Cool as prazas da Quintana (martes 13) e San Martiño Pinario (mércores 14). Unha nova entrega do programa Verán na rúa.
CULTURA
Damien Jurado, unha das figuras máis relevantes do folk-rock americano, en setembro dentro do ciclo Íntimo & Acústico
Setembro comezará cunha importante cita musical no Teatro Principal dentro do ciclo Íntimo & Acústico. Damien Jurado unha das figuras máis relevantes do folk-rock americano, ofrecerá un concerto o mércores 4 de setembro, ás 21.00 horas. Contará con William Tyler como artista convidado.
CULTURA
Títeres e maxia cómica na segunda semana do programa "Verán na rúa"
Tras a o éxito de público dos primeiros espectáculos de Verán na rúa, a segunda semana do programa traerá lecer para todo sos públicos da man de Titereficciós e Pablo Good. Todas as actividades son gratuítas.
VÍAS E OBRAS
O Concello rozou 38.000 metros de maleza nos barrios urbanos e suburbanos neste 2013
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, indicou que, no que vai de 2013, se acometeu a roza de 38.800 metros lineais de maleza nos barrios urbanos e suburbanos de Santiago. Os traballos foron especialmente intensos en zonas como as de Meixonfrío, onde se rozaron 9.170 metros.
ECONOMÍA
A Concellería de Economía convoca tres seminarios para emprendedores no marco do programa Urbana Santiago Norte
A Concellaría de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) tres seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte.
ALCALDÍA
Presentación no Obradoiro do Campionato do Mundo de Vela Clase Platu 25
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na presentación do Campionato do Mundo de Vela Clase Platu 25, celebrada na praza do Obradoiro e presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A continuación, recibiu o comité de honra desta competición no salón vermello.
XUVENTUDE
Os participantes no campamento de verán do Centro Don Bosco visitaron a Casa da Troia
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, e o presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor, participaron na visita guiada que os nenos e nenas do campamento de verán do Centro Don Bosco realizan a esta casa museo, organizada polo Concello.
EMPREGO
O Concello imparte formación a 60 persoas a través de catro accións para desempregados financiadas pola Xunta de Galicia
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, e a delegada da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña, Belén do Campo, visitaron o centro de formación ocupacional de Sanxuás de Aríns, onde o Concello imparte dous cursos dentro das Accións Formativas para Desempregados. Dentro deste programa, tamén se imparten outros dous cursos no Cersia. En total, estanse formando 60 persoas, grazas a unha subvención da Xunta de 260.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novas axudas para vivendas da ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, correspondentes ás fases quinta e sexta do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.
CULTURA
Segue "Verán na rúa" cunha sesión de títeres de Manu Mansilla en San Martiño Pinario
Verán na rúa continúa coa súa variada oferta, da que pode gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo ten que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que toman as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres.