SEGURIDADE CIDADÁ
Os controis efectuados a 59 vehículos de transporte escolar deixan un balance de unicamente seis infraccións leves
Do 4 ao 10 de novembro, a Policía Local efectuou unha campaña de vixilancia e control do transporte escolar dos centros educativos da cidade. Dos 59 vehículos inspeccionados, en só seis se detectou unha infracción leve, por ausencia dunha autorización administrativa especial para transporte escolar outorgada pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
Avanzan ao ritmo previsto as obras de reurbanización da rúa de San Pedro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou as obras na rúa de San Pedro, constatando que "avanzan de acordo co previsto", coa previsión de que "a finais de febreiro, a obra estea rematada, e mesmo estea incorporado o novo mobiliario urbano". Neste sentido, de favorecer o clima, non descartou que se poida adiantar a conclusión dos traballos.
PARQUES E XARDÍNS
A praza de Vigo converterase nun espazo máis humanizado e para o lecer familiar
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, María Pardo, visitou a praza de Vigo, onde se vai construír un novo espazo recreativo con parque infantil, circuíto saudable, zona axardinada e renovado mobiliario. Este céntrico lugar da cidade adquirirá así un aspecto máis humanizado, permitindo aos adultos o coidado dos nenos nunha zona próxima ás súas residencias. Estímase que as obras deste parque, xa adxudicadas, estean rematadas a finais de xaneiro.
EMPREGO
Vinte e catro persoas desempregadas fórmanse e traballan grazas ao Obradoiro de Emprego "Santiago Impulsa II"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitaron os obradoiros de emprego Santiago Impulsa II. Asistiu tamén a concelleira de Emprego, Reyes Leis.
EMPREGO
Máis de 50 empresas participarán no Foro da Intermediación e o Emprego
O xoves 28 e venres 29 de novembro, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia acolle o Foro da Intermediación e o Emprego, unha iniciativa da Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela. Durante dúas xornadas, o Foro desenvolverá un amplo programa de actividades formativas, así como diversas sesións de encontros con empresas e a celebración de procesos de selección concertados pola Axencia Local de Colocación. A concelleira de Emprego, Reyes Leis, ofreceu os últimos datos...
CULTURA
Presentación de "Vidaextra" e "Toñito Blanco: só, perdido e vicioso" na xornada do mércores 27 en Cineuropa
Na xornada do mércores 27 están programadas varias presentacións de filmes coa presenza de membros do equipo. Así, Ramiro Ledo presentará o seu filme Vidaextra e o equipo de Toñito Blanco: só, perdido e vicioso, de Xacobe Sineiro e Nico Campos, fará o mesmo co seu. Ademais, o produtor Paulo Branco estará na cidade para presentar o filme Mon âme par toi guérie, de François Dupeyron.
SEGURIDADE CIDADÁ
Presentado o grupo especial da Garda Civil creado para investigar os roubos no ámbito rural da bisbarra compostelá
Presentouse no Cuartel da Garda Civil do Milladoiro (Ames), por parte do coronel da Garda Civil da Coruña e do capitán do Acuartelamento de Santiago de Compostela, o grupo ROCA, composto inicialmente por un cabo e dous gardas civís, que vixiará e esclarecerá roubos acaecidos nos ámbitos rurais da bisbarra de Santiago. O acto contou coa presenza do subdelegado do Goberno, Jorge Atán; do alcalde de Ames, Santiago Amor; e do concelleiro compostelán de Seguridade Cidadá, Luis Bello.
TURISMO
Hostaleiros, restauradores e empresarios turísticos debaten en Santiago sobre as novas tendencias do sector
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos o Seminario de Innovación Hoteleira, dirixido polo crítico de hoteis Fernando Gallardo.
MULLER E IGUALDADE
A campaña "Conta comigo" incide na necesidade de captar sinais de maltrato en mulleres do noso entorno
O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao; e os presidentes de Hostalería Compostela, Jesús Sordo e José Manuel Otero, presentaron o material da campaña Conta comigo, organizada polo Concello e que conta coa colaboración do Valedor do Pobo e Hostalería Compostela con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Pouco antes, a edil, acompañada esta vez polo valedor do Pobo, José Julio Fernández,...
CULTURA
Película sorpresa e último pase de "Like father, like son" este martes 26 en Cineuropa
Na xornada do martes en Cineuropa chega unha das citas máis esperadas do festival: a proxección do filme sorpresa, do que levamos dando pistas varios días e do que por fin, se desvelará o segredo ás 22:15 horas no Teatro Principal. Ademais, poderemos ver por última vez no festival Like father, like son, co que Kore-Eda obtivo o Premio do Xurado en Cannes e o Premio do Público en San Sebastián. Tamén poderemos ver os pases últimos de Poll, de Kraus, e La enfermedad del sueño, de Köhler.