ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito cos "avances notables" en relación á estación do AVE
Tras as reunións mantidas esta semana con técnicos de ADIF, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polos "avances notables" producidos en relación á futura estación do AVE. Agarda que para setembro se poida reunir a comisión de seguimento e xa entón se teñan perfilado os principais aspectos do novo edificio, incluídas as súas conexións.
FESTAS
O tradicional Día do Traxe pechará as Festas
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes e o director de relacións externas de El Corte Inglés en Galicia, José Antonio Blanco, presentaron tamén en rolda de prensa a XXXII edición do Día do Traxe Galego que se celebrará dentro do marco das festas do Apóstolo o sábado 31 de xullo.
FESTAS
Máis de 5.000 artificios e 25.000 efectos pirotécnicos acompañarán o espectáculo sobre a tradición xacobea da noite do 24
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos; e responsables da Pirotecnia Caballer, Pepe Bravo –xefe de Produción– e Ernesto López –xefe de Operacións– presentaron na sede do Consorcio o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do sábado 24 e as réplicas consecutivas que se farán entre o 25 e o 31 de xullo. En total serán oito días de fogos.
TURISMO
Estrea mundial da longametraxe documental islandesa "O soño do Camiño"
O xoves 29 de xullo, ás 21:00 horas, o Teatro Principal acolle a estrea da primeira dunha serie de cinco longametraxes documentais sobre a viaxe do famoso escritor islandés Thor Vilhjámsson a través do Camiño Francés. Esta estrea é ofrecida pola Santiago de Compostela Film Commission e a entrada é libre.
ALCALDÍA
Lembrando a Alejandro Pérez Lugín no escenario da súa obra máis ilustre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á rolda de prensa de presentación do libro 70 anos do Premio Alejandro Pérez Lugín, que repasa a traxectoria deste galardón xornalístico, convocado pola Asociación da Prensa da Coruña.
URBANISMO
Outras 101 familias poderán acceder a unha vivenda digna tras a resolución do concurso de solo convocado en maio
No Consello de Administración de EMUVISSA celebrado baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, resolveuse o concurso de solo convocado en maio e cuxo prazo de presentación finalizou o día 12 de xullo. Á oferta de nove parcelas para vivendas protexidas presentáronse seis ofertas. No primeiro concurso de solo deste ano 2010 cubriuse máis do 50% das expectativas. Un resultado notable nunha situación de aguda contención do mercado.
FESTAS
A compañía de danza Aída Gómez amosa toda a paixón de "Carmen" na Quintana
Para a xornada do xoves 22, as festas do Apóstolo reservan o espectáculo Carmen, de Bizet, da Compañía de Danza Española Aída Gómez. Será a partir das 22:30 horas na praza da Quintana.
ALCALDÍA
A ONCE entrega ao alcalde un agasallo que remata a serie de 65 cupóns dedicada ao Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o delegado territorial da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradas, que lle fixo entrega dun agasallo que pon fin á serie de 65 cupóns dedicada ao Camiño de Santiago, que remata o 25 de xullo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a segunda fase do reforzo das vías municipais
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno adxudicáronse provisionalmente as obras de reforzo do firme das vías municipais, na súa segunda fase. Ademais, procedeuse a resolver os contratos dos estacionamentos de Xoán Carlos I, Vista Alegre e Fontiñas, e aprobouse o Plan Especial das Brañas de Sar, entre outros asuntos.
FESTAS
Nova Galega de Danza fusiona música e baile na Quintana co espectáculo "Tradicción"
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, acompañado polo xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou no Teatro Principal o espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, que se poderá ver o mércores 21, a partir das 23:00 horas, na praza da Quintana. No acto tamén estiveron presentes os directores artísticos da compañía, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, e o seu director musical, Pedro Lamas. Esta actividade cultural e de ocio está patrocinada polo...