CULTURA
A Banda Municipal de Música interpreta en Santa Marta algunhas das bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine
A Banda Municipal de Música de Santiago trasládase este domingo 24 de Maio, ás 12:30 horas, á Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Alí realizará un concerto con entrada de balde ata esgotar o aforo.
TURISMO
O Mercado de Abastos de Santiago conta xa cunha nova aplicación de realidade virtual
A concelleira de Economía, Reyes Leis, participou na presentación da nova app de realidade virtual do Mercado de Abastos de Santiago, que pretende contribuír a reforzar aínda máis o atractivo turístico desta infraestrutura tras a súa remodelación.
TURISMO
Santiago de Compostela supera por primeira vez as 100.000 pernoctacións en abril exceptuando o Ano Santo 2010
Santiago superou no pasado mes de abril as 100.000 pernoctacións nos establecementos hoteleiros da cidade, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, rexistráronse 103.850 noites de hotel, que representan un crecemento do 19,32% respecto ao mes de abril do ano pasado. Segundo a serie histórica do INE que comeza no 2005, nunca se superou a barreira das 100.000 pernoctacións na cidade no mes de abril, salvo no Ano Santo 2010.
XUNTA DE GOBERNO
Raxoi aproba a normativa de seguridade para as cacharelas de San Xoán
A Xunta de Goberno celebrada esta mañá aprobou as normas de seguridade relativas á celebración das tradicionais cacharelas da noite de San Xoán, tanto para os espazos públicos coma para os privados.
CULTURA
Arch Enemy ofrece en Compostela o seu único concerto en España en 2015
A banda sueca de death metal Arch Enemy, con Alissa White-Gluz nas voces, visita Santiago de Compostela, antes da súa parada no Rock Fest, para tocar os seus éxitos e temas de seu último álbum, War eternal, editado en 2014. Neste concerto, unha das citas do ciclo Compostela Rock, estarán acompañados por Unearth e Drone. A cita é este sábado, na Sala Capitol, onde as portas se abrirán a partir das 19:30 horas. Este será o único concerto en España da banda sueca neste ano 2015.
CULTURA
Gil do Carmo presenta en Santiago "A uma voz" no marco do ciclo Sons’15
Conxugando a tradición de Lisboa e do fado con abordaxes menos convencionais como jazz, Gil do Carmo crea un sentido estético singular e persoal. Como resultado de anos de maduración, o novo proxecto de Gil do Carmo, A uma voz, traduce a espontaneidade e a autenticidade do rexistro acústico da guitarra portuguesa, do acordeón e da voz, nunha sonoridade única. Poderemos escoitalo este sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Abanca, dentro do ciclo Sons’15, co patrocinio de Delta Cafés.
TURISMO
O Mercado de Abastos acolle dous obradoiros gratuítos de cociña para nenos
A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos acollerá dous obradoiros gratuítos de cociña para que os máis pequenos comecen a adentrarse no mundo da cociña dun xeito fresco, divertido e saudable. Os obradoiros, impartidos polos profesionais do taller de cociña compostelán Hello Cooking, enmárcanse dentro das actividades de promoción do Mercado de Abastos, que contan coa colaboración do Concello.
CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos de baile", amenizada esta vez polo grupo Zeltia
O programa Imos ao baile, promovido polas concellerías de Cultura e Relacións Veciñais, regresa coa súa programación este sábado 23 de maio.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán este venres un concerto na residencia de maiores de Volta do Castro
Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, protagonizan varios concertos de música de cámara con fins sociais ao longo do ano. Así, este venres actuarán na residencia de maiores de Volta do Castro. A cita musical comezará ás 12:00 horas.
CULTURA
Estrea absoluta no Principal de "No hay trabajo para un payaso viejo", incluída no Bono de Teatro Galego e Portugués
A compañía coruñesa Cámara Negra Teatro celebra a estrea absoluta de No hay trabajo para un payaso viejo dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será os días 22 de maio e 23 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Estas funcións foron presentadas nunha rolda de prensa na que participaron o director, Carlos Álvarez-Ossorio, e os actores Paco Luna e Alfonso Hierro-Delgado.