ALCALDÍA
Recepción do alcalde aos agregados de Defensa nas Embaixadas
O alcalde de Compostelán, Ángel Currás, acompañado pola tenente de alcalde, Reyes Leis, recibiron aos agregados de Defensa nas Embaixadas no Salón Vermello do Pazo de Raxoi
ALCALDÍA
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia (22 de maio).
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos en Frankfurt
O IMEX Frankfurt é a feira profesional de turismo de congresos, reunións e incentivos máis importante do mundo, con máis de 4.000 compradores profesionais. Santiago será sede este ano de grandes eventos con miles de participantes, como o International Meeting on Biotechnology ou o Womex.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as normas para a celebración das cacharelas de San Xoán
A voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na última sesión salientando a aprobación das normas que rexerán a celebración das cacharelas de San Xoán. Tamén se aprobou o proxecto básico do centro de saúde de Galeras.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu un grupo de escolares franceses de intercambio co Colexio Peleteiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi un grupo de escolares franceses do Collège Le Mourion, da vila francesa de Villeneuve-lès-Avignon, que están pasando uns días en Compostela e regresan mañá ao seu país.
SERVIZOS SOCIAIS
Área Central acolle o vindeiro venres 23 o II mercadiño solidario Trócame-Roque
Diferentes entidades sociais que traballan en Fontiñas presentaron en rolda de prensa a segunda edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, no que colabora a Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago dirixida pola concelleira María Castelao.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita co programa Imos ao Baile este sábado 24
Continúa cunha nova cita o programa Imos ao baile 2014, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá.
TURISMO
Top Chef trasládase a Santiago de Compostela
Turismo de Santiago colabora co programa de cociña, que na súa primeira temporada tivo unha audiencia media de tres millóns de persoas, para promocionar a cidade como destino gastronómico. O programa contará coa incorporación como xurado do cociñeiro galego cunha estrela Michelin Yayo Daporta.
ALCALDÍA
O alcalde asiste á presentación do libro de Cándido Pazos
O escultor Cándido Pazos presentou o seu novo libro no Hostal dos Reis Católicos, acto ao que asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude organiza novas actividades de verán para os mozos e mozas de Compostela
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou o programa Verán Activo 2014, que recolle un amplo abano de actividades para que os rapaces da cidade poidan gozar do seu tempo de lecer dunha maneria lúdica e divertida.