FESTAS
O alumeado de Nadal, adxudicado por 48.339 euros, acenderase o 6 de decembro
A Xunta de Goberno adxudicou a Iluminacións Santiaguesas S.L. o contrato da iluminación de Nadal da cidade. Fronte o tipo de licitación de 64.698,7 euros (IVE incluído), a devandita empresa ofertou 48.339,50 euros, o que supón unha rebaixa e, polo tanto, un aforro para o Concello de 16.359,20 euros (un 25,28%).
PLENO
O Pleno aproba a designación co nome de "Saxo Tenor" dunha praza no barrio de Vista Alegre na honra de Roberto Vidal Bolaño
A Corporación, na sesión plenaria ordinaria do mes de novembro, aprobou por unanimidade e a proposta da Alcaldía a designación co nome de "Saxo Tenor" da praza do barrio de Vista Alegre situada a carón da casa onde vivira Roberto Vidal Bolaño. Saxo Tenor é o título dunha das obras máis emblemáticas do dramaturgo compostelán.
CULTURA
Curtocircuíto tende pontes a outros festivais
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, cumpre unha década como termómetro de tendencias para curtametraxes de todo o mundo. O festival, que se celebrará en Santiago de Compostela do 9 ao 13 de decembro, con proxeccións no Teatro Principal e actividades na Zona C e o CGAC, quere celebrar este aniversario coa programación de tres seccións paralelas á oficial.
ALCALDÍA
Recoñecemento a máis de 50 anos de traxectoria de Jesús Alonso Fernández á fronte do Grupo Jealsa-Rianxeira
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do Premio á Excelencia Empresarial que o Club Financeiro de Santiago outorgou a Jesús Alonso Fernández en recoñecemento á súa traxectoria á fronte do Grupo Jealsa-Rianxeira. O acto, celebrado no Pazo de San Lourenzo, estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa presenza de empresarios de toda Galicia.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Xornada de debate sobre as relacións entre a xustiza e a lingua galega
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na VII xornada Xustiza e lingua, reflexións para a normalización, organizada polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto contou tamén coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do director xeral de Xustiza, Juan J. Martín; e do decano do Colexio de...
EMPREGO
O Concello e a Asociación de Executivas de Galicia colaborarán en accións formativas para promover o emprego feminino
A concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, asistiu a un almorzo informativo da Asociación de Executivas de Galicia. Participaron tamén as concelleiras Amelia González e Rebeca Domínguez. Do encontro saíu o compromiso de colaboración para a posta en marcha de programas de formación para fomentar o emprego feminino.
MULLER E IGUALDADE
Máis de 100 profesionais participarán no I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero
O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con tal motivo, a Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Igualdade organiza o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro no Hotel Oca Puerta del Camino.
TURISMO
A Cidade da Cultura acolle o Viñerón 2013
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, presentaron no Pazo de Raxoi, a segunda edición de Viñerón, que terá lugar na Cidade da Cultura o sábado 30 de novembro. Viñerón defínese como unha "quedada" vitivinícola, un novo concepto de feira vitivinícola adaptada ás demandas dos apaixonados do viño, propiciando o encontro directo entre 20 dos mellores viticultores da vangarda creativa europea e afeccionados chegados de toda.../em>
CULTURA
Os Premios Auditorio de Galicia para novos artistas chegan á súa oitava edición
Os premios do Auditorio de Galicia para novos artistas, cumpren este ano a oitava edición. Comezaron a celebrarse con carácter anual, no ano 2001, para pasar a ser bienais, propiciando un tempo imprescindible, tanto para dar cabida a novos artistas como para permitir aos que se veñen presentando as sucesivas edicións, afondar nas liñas de traballo. A nova convocatoria foi presentada en rolda de prensa polo alcalde, Ángel Currás, e polo director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou.
CONSORCIO
O alcalde visita catro das sete fontes históricas restauradas na cidade
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a restauración de sete fontes históricas da cidade. O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado da xerente do Consorcio, María Antón, e da concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron catro delas para comprobar os resultados dos traballos. Trátase das fontes de Fonseca, Fonte Sequelo, Virxe da Cerca e Porta do Camiño. Ademais, restauráronse as de San Martiño Pinario, Toural e Santa Clara. O proxecto, cun orzamento global de 93.083 euros,...