FESTAS
A Banda Municipal de Santiago e Viravolta Títeres, protagonistas da xornada do mércores 29 das festas do Apóstolo
A xornada do mércores 29 poderemos escoitar a Banda Municipal de Música da cidade, que lle poñen música en directo a Peer Gynt xunto cos monicreques da compañía Viravolta Títeres. Trátase dunha actividade que, ademais de estar dentro da programación das festas do Apóstolo, inaugura o programa Verán na rúa, que ofrece distintas propostas ao longo do mes de agosto en prazas e rúas da cidade. O espectáculo, de entrada libre e dirixido a todos os públicos, comezará.../em>
FESTAS
Kiril Djaikovski agasallou ao público da Quintana cunha intensa e festiva sesión de música electrónica e balcánica
A praza da Quintana acolleu a singular fusión de música electrónica e ritmos tradicionais balcánicos do macedonio Kiril Djaikovski. Punto e seguido para unhas festas do Apóstolo que entran xa na súa recta final.
FESTAS
O alcalde expresa a vontade de "afondar na vida compartida" entre dous concellos, Santiago e Padrón, que viven "cara a cara"
As festas do Apóstolo tiveron este luns unha desas citas que se repite cada ano, o Día de Padrón, tradición que tamén se mantén á inversa na celebración de Pascua da vila veciña. Unha vez máis, foi o momento de renovar a colaboración e de estreitar os lazos entre os dous municipios.
FESTAS
Fusión de música electrónica e tradicional balcánica da man de Kiril Djaikovski na xornada do martes das festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo continúan ofrecéndonos actividades variadas e música chegada desde diversas partes do mundo. Tras o concerto de Lila Downs o luns, na xornada do martes teremos a posibilidade de escoitar a fusión da música electrónica coa música tradicional balcánica da man do macedonio Kiril Djaikovski. Será a partir das 22:00 horas na praza da Quintana e con entrada libre.
FESTAS
A orixinal mestura de estilos de Lila Downs cativou o público que encheu a Quintana
As festas do Apóstolo entran na súa recta final. Esta primeira xornada da última semana de festexos pechouse co concerto de Lila Downs, que tocou en Santiago os temas do seu último disco, Balas y chocolate, baseado na particular relación que os mexicanos teñen coa morte, combinados con algúns dos seus máis coñecidos éxitos e coas súas particulares versións de cancións tradicionais.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres un concerto na praza da Quintana no marco das festas do Apóstolo
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá praza da Quintana acollerá este venres, 31 de xullo, un concerto dirixido polo mestre galego Diego García Rodríguez, ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. A actuación cancelarase en caso de choiva.
FACENDA
O Concello de Santiago colaborará co Consello de Contas de Galicia na fiscalización das contas municipais do exercicio 2013
O Pleno do Consello de Contas de Galicia, dentro do seu Plan de Traballo para 2015, acordou fiscalizar as contas anuais e o estados contables do Concello de Santiago. Así llo vén de comunicar o ente fiscalizador ao alcalde compostelán, Martiño Noriega, nunha reunión mantida durante a mañá de hoxe. Noriega recibiu o informe do Consello e manifestou a "total dispoñibilidade do actual Goberno municipal para colaborar co Consello de Contas".
FESTAS
O Día de Padrón e o concerto de Lila Downs na xornada do luns nas festas do Apóstolo
Como xa é tradicional nas festas do Apóstolo, toca celebrar o Día de Padrón en Santiago, do mesmo xeito que na Pascua padronesa se conmemora anualmente o Día de Santiago. Ademais, nesta xornada do luns 27 poderemos escoitar a Lila Downs na praza da Quintana ás 22:00 horas. No concerto, que será de entrada libre, a mexicana preséntanos o seu último traballo: Balas y chocolate.
FESTAS
Outra exitosa edición do Día do Traxe Galego
As festas do Apóstolo continuaron este domingo coa XXXVI edición do Día do Traxe Galego, organizado pola Asociación do Traxe Galego e coa colaboración de El Corte Inglés. Ademais, houbo un Serán de Hip-Hop en Vite.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago homenaxea a Camilo Díaz Baliño e a Isaac Díaz Pardo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu onte o acto de homenaxe a Camilo Díaz Baliño e do seu fillo, Isaac Díaz Pardo, con motivo do Día Nacional de Galicia. Ademais, a Alcaldía publicou este 25 de xullo un bando en lembranza destes dous galeguistas.