ALCALDÍA
Encontro do alcalde con alumnos alemáns
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira Marta González recibiron na Casa do Concello un grupo de alumnos e alumnas do instituto alemán Carl-Benz-Gymnasium, de Ladenburg, vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.
TURISMO
O escritor Javier Ozores conduciu o obradoiro "Merco, cociño e como con..." no festival Compostela Gastronómica
O obradoiro Compro, cociño e como con... abriu o programa de actividades do venres en Compostela Gastronómica, I Festival da Cociña Galega. Xunto a Javier Ozores, escritor gastronómico, produtor cinematográfico e membro da Academia Galega de Gastronomía, os participantes achegáronse a facer unha compra en Gadis —patrocinador da actividade—, para despois cociñar e finalmente degustar uns pratos escollidos por el e pola cociñeira que o acompaña, Gabriela Araujo. Trátase de varios pratos de.../em>
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu o alcalde do municipio mexicano de Celaya
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o alcalde do municipio de Celaya (México), Ismael Pérez Ordaz, acompañado de empresarios da rexión de El Bajío, agrupados na Asociación Celayense do Empresario (AEC).
CONSORCIO
O alcalde presentou "Picheleir@s", que reúne a historia de 30 persoeiros cos oficios máis relevantes na cidade dende a Idade Media
O Consorcio de Santiago inauguraba en xullo a exposición Picheleir@s, un conxunto de bandeirolas que aínda permanecen penduradas de 30 edificios do casco histórico compostelán e que recollen a maioría de oficios e profesións con relevancia na cidade dende a Idade Media a través dos seus protagonistas. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, presentaron no Museo das Peregrinacións e de Santiago o libro relativo a esta mostra, que o...
ALCALDÍA
AGADEA celebrou o seu 20º aniversario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos actos de conmemoración do 20º aniversario de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), celebrados no Hotel Monumento San Francisco.
CULTURA
António Zambujo, a voz portuguesa masculina máis internacional do fado, presenta "Quinto" dentro de Sons’14
A voz portuguesa máis internacional do fado, António Zambujo, presenta en Compostela o seu último traballo, Quinto. Será este sábado 27, a partir das 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, e enmarcado dentro do ciclo Sons’14. As entradas para este concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, o día do concerto tamén se poden mercar no despacho de billetes do.../em>
ALCALDÍA
O Concello encarga un proxecto de mellora do Camiño portugués no termo municipal
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, manifestou que o Concello vai encargar un proxecto de mellora do Camiño portugués no tramo comprendido dentro do termo municipal de Santiago. Así o anunciou durante a visita que realizou esta mañá, acompañado pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a un tramo do Camiño Fisterra-Muxía no que a Axencia está realizando traballos mantemento e conservación.
TURISMO
O Espazo Gastro e as algas, protagonistas da xornada en Compostela Gastronómica
A xornada do xoves en Compostela Gastronómica veu marcada pola apertura do Espazo Gastro no Mercado de Abastos, un espazo no que algúns dos restaurantes que forman a ruta de Menús de Mercado ofrecen creativas propostas en formato tapa e media ración. Os establecementos presentes no Espazo Gastro xoves foron A Quinta da Auga, Garum, Quercus IP, Singulario, Resas, A Charca, O Ferro, O Curro da Parra, Café Candelas e Estrela Galicia. O Espazo Gastro habilitarase tamén o venres e o sábado, para que composteláns e visitantes.../em>
XUVENTUDE
Charla informativa sobre os trámites para obter unha experiencia profesional en Canadá
A Embaixada de Canadá, en colaboración coa Concellería de Xuventude, organiza unha charla para informar os mozos e mozas de Santiago de Compostela sobre os trámites a seguir para obter unha experiencia profesional en Canadá. Celebrarase este venres 26 de setembro, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Entrada libre ata completar aforo.
UMAD
Maxia, cultura urbana e bicicleta para pechar seis meses de actividades de lecer alternativo
Nos últimos seis meses, a Concellería de Servizos Sociais, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) veu realizando diversos programas de lecer alternativo dirixidos á mocidade. Este vindeiro fin de semana rematan estas iniciativas con tres actividades abertas a todo o público: unha xornada de maxia, outra de cultura urbana e a segunda entrega das Xornadas da Bicicleta na Mocidade.