TURISMO
O Concello confía no mantemento da suba do turismo internacional e nun cambio de tendencia no doméstico
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, valorou os datos de pernoctacións do Instituto Nacional de Estatística (INE) dispoñibles e presentou as estimacións municipais de cara aos meses centrais do verán. A previsión municipal é que continúe crecendo o turismo internacional, tal como fixo nos primeiros cinco meses do ano, nos que acumula unha subida do 9,5%, destacando o crecemento de maio, cun 13,6%. Este crecemento dáse xa sobre o ano 2012, que foi o ano con maior número de pernoctacións internacionais na historia da...
ECONOMÍA
As candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago presentaron as súas propostas
O edificio Cersia acolleu a apertura das presentacións de empresas candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago. Asistiron a concelleira de Economía, Reyes Leis; o presidente de AJE A Coruña, Oscar Valcuende; o director do IFFE, José Luis Cabarcos; o presidente de Espina Obras Hidráulicas e padriño desta edición, Antonio González de Espina; e a coordinadora de AJE Santiago, Carmen José López.
XUVENTUDE
Comezou o Curso de Monitor de Tempo Libre organizado por Xuventude e Don Bosco
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu á primeira xornada do Curso de Monitor de Tempo Libre que organiza a Concellería e imparte a Escola de Tempo Libre do Centro Don Bosco. Tamén visitou a actividade As mañás no Bosco, organizadas polo centro.
XUNTA DE GOBERNO
A fortaleza da Rocha terá a súa propia web e unha publicación específica
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, abriu o procedemento para contratar un servizo de difusión do xacemento do Castelo da Rocha. Tamén se iniciou o expediente para as obras de limpeza de gabias nas pistas das parroquias.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia e o Auditorio de Galicia presentan unha nova temporada con 29 concertos e case 100 obras
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, acompañado do director titular da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel; da xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; do director técnico da RFG, Oriol Roch; e do director-xerente do Auditorio, José Victor Carou, presentaron na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia a programación da Temporada 2013 -2014, composta por 29 concertos. Durante a presentación actuaron dous grupos de Cámara da RFG.
MOBILIDADE
Arrancan os novos horarios de verán do servizo de transporte urbano
Tras as últimas adaptacións da rede de transporte urbano á nova realidade da cidade, búscase agora un asentamento da mesma. É por iso que os cambios nos horarios respecto ao verán pasado son mínimos. Ademais, dáselle continuidade ás ampliacións introducidas nos horarios de inverno nas liñas circulares C2, C4, C5 e C6.
PLENO
O Pleno declara de utilidade pública a construción da sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de xuño, declarou por unanimidade de utilidade pública a construción da sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, a efectos da bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Ademais, tomou en coñecemento a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que afecta aos capítulos IV e V da normativa urbanística, así como aos artigos 125.6...
EMPREGO
Concello de Santiago e Cogami reforzan o compromiso de colaboración en materia de emprego e de accesibilidade
A concelleira de Turismo e Emprego, Reyes Leis, reuniuse en Raxoi con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), cos que repasou algúns dos temas da competencia do seu departamento, como o emprego ou a accesibilidade dos establecementos turísticos.
CULTURA
Via Stellae aposta pola diversidade de oferta e de espazos nunha oitava edición con 21 concertos ao longo de dúas semanas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a oitava edición do festival Vía Stellae, que se desenvolverá do 5 ao 19 de xullo en diferentes espazos da cidade. Serán 21 concertos, 13 deles gratuítos, ao longo de dúas semanas.
COMERCIO
Vinte e sete comercios participarán na Cidade da Cultura no desfile "Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda"
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, e de Francisco Pernas, director da asistencia técnica na celebración do desfile, presentaron o Desfile final dentro do programa de dinamización comercial promovido pola Concellaría: Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda. Será o sábado 29 de xuño, ás 20:30 horas, na Cidade da Cultura.