NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego
A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o tesoureiro da Cámara de Comercio, Juan José Maril, presentaron a XV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión polo Concello de Santiago, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.
ALCALDÍA
A exposición "O Asorey descoñecido" orixina diversos materiais didácticos sobre o artista
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou no Pazo de Fonseca a exposición O Asorey descoñecido, onde presentou diversos materiais didácticos da exposición realizados entre a Fundación Asociación Cultural Francisco Asorey e a Concellería de Educación. Centros de ensino de primaria e secundaria de Santiago e comarca realizaron visitas guiadas á mostra durante este mes de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que o Congreso SEC 2014 poña de relevo o importante labor realizado en Compostela no eido da cardioloxía
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou o Congreso das Enfermidades Cardiovasculares, que se celebra no Palacio de Exposicións e Congresos do 30 de outubro ao 1 de novembro. Máis de 3.000 especialistas participan nesta cita, que contará con más de 140 sesións e unhas 1.000 comunicacións.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics proxecta "A bela e a besta", de Jean Cocteau
Nova cita para este venres 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta co programa Compostela Cine Classics 2014. Desta vez proxectarase o filme A bela e a besta (1946), de Jean Cocteau.
CULTURA
Womex confirmou a importancia de Santiago de Compostela como escenario e punto de encontro cultural a nivel internacional
A concelleira de Cultura, María Antón, participou na Cidade da Cultura rolda de prensa de valoración dos resultados de Womex’14, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez. 2.400 delegados, un 6,66% máis que na anterior edición, e 1.470 empresas (un 16,66% máis) de 90 países, ademais dunha feira con 668 exhibidores de 47 países e unha marca de 280 casetas (+12%) son cifras que falan do éxito deste evento.
ALCALDÍA
O Concello destinará máis de 1,2 millóns de euros de remanentes a un plan de actuacións urxentes e sustentables na cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a posta en marcha dun plan de choque de actuacións sustentables e urxentes na cidade, por importe de 1,27 millóns de euros. Trátase dunha cantidade procedente do remanente de 5,2 millóns de euros dos orzamentos de 2013. O resto, algo máis de 4 millóns de euros, destinarase a amortizar débeda.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio de España inauguran a exposición "15 fotógrafos, 15 cidades únicas"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España aposta nesta ocasión pola fotografía, dando cabida á especial mirada de 15 fotógrafos que foron elixidos, despois dun arduo proceso de selección, polos seus magníficos traballos fotográficos en torno a cada unha das cidades españolas incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o valor de "Os tesouros da illa de Granellandia" para achegar a obra e figura de Granell ao público infantil
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Fundación Granell a exposición Os tesouros da illa de Granellandia, que reúne as ilustracións do conto homónimo, do escritor e xornalista Paco López-Barxas. A obra fora publicada en 2012 polo Consorcio de Santiago, en colaboración con El Patito Editorial, con motivo do centenario do nacemento do pintor surrealista.
CONSORCIO
Os máis pequenos poderán xogar a "Onde está Wally?" esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegárense á historia da cidade a través de xogos.
ALCALDÍA
O Concello aproveitará unha campaña de educación viaria para pulsar a opinión das persoas maiores sobre a mobilidade urbana
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu o acto de presentación do programa de Educación Viaria Mobilidade sénior, o camiño de todos, dirixida a un dos grupos máis vulnerables en canto os accidentes de tráfico como son as persoas maiores. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e a Fundación Real Automóbil Club de España (RACE), inclúe varias actividades para grupos de persoas maiores, a desenvolver entre o 28 e o 31 de outubro no parque da Alameda.