XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño
14/08/2015
Ler máis
A Xunta de Goberno adxudicou na súa sesión ordinaria deste venres as obras de rehabilitación do palacete do Espiño para a súa recuperación como equipamento municipal, por un importe de 869.910 euros. Segundo indicou o alcalde, Martiño Noriega, o uso definitivo que terá o edificio decidirase nos vindeiros meses, apuntando posibilidades como o sociocultural ou o administrativo.
ALCALDÍA
María Rozas recolleu a medalla de ouro concedida ao Concello de Santiago polo Curso Internacional "Música en Compostela"
14/08/2015
Ler máis
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu a medalla de honra e o diploma de recoñecemento concedidos ao Concello de Santiago polo Curso Universitario Internacional Música en Compostela.