ALCALDÍA
O Concello de Santiago homenaxea a Camilo Díaz Baliño e a Isaac Díaz Pardo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu onte o acto de homenaxe a Camilo Díaz Baliño e do seu fillo, Isaac Díaz Pardo, con motivo do Día Nacional de Galicia. Ademais, a Alcaldía publicou este 25 de xullo un bando en lembranza destes dous galeguistas.
FESTAS
A música de Sumrrá & Friends pechou o día grande das festas do Apóstolo
O concerto central do 25 de xullo foi o de Sumrrá & Friends na praza da Quintana. Formado polos músicos Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería), o trío de jazz Sumrrá rodeouse de amigos para este concerto especial do Apóstolo.
FESTAS
O Día do Traxe Galego e un serán de hip-hop na xornada do domingo do Apóstolo
Unha das xornadas xa tradicionais dentro das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, organizado pola Asociación do Traxe Galego e coa colaboración de El Corte Inglés. Celébrase este domingo 26, con actividades ao longo de todo o día no que será a súa XXXVI edición. Ademais, tamén teremos en Vite (no parque Fermín Bouza Brey) o Serán de Hip-Hop a partir das 20:00 h. A xornada pecharase coa Orquestra Players ás 22:30 h na Alameda.