ALCALDÍA
Mariño Noriega expresa a solidariedade do Concello de Santiago coa saharauí Takbar Haddi na súa demanda da verdade sobre a morte e o paradeiro do seu fillo
A presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), Maite Isla, e o activista Hassanna Aalia, deron a coñecer aos medios de comunicación o caso da nai saharauí Takbar Haddi, en folga de fame para reclamar o corpo do seu fillo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse a saudar os membros de SOGAPS e ao activista, que estará na praza do Obradoiro ata as 10:00 horas do martes para facer visible a protesta.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Os barrios e parroquias de Compostela celebrarán o San Xoán con máis de 300 cacharelas e sardiñadas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xa Duro, deu conta das 59 cacharelas e sardiñadas públicas autorizadas para celebrar o San Xoán. Ademais, nos diferentes barrios e parroquias celebraranse máis de 300 cacharelas privadas. Da boa marcha desta noite do 23 de xuño encargarase un operativo de seguridade integrado por 50 persoas.
ALCALDÍA
Primeira xunta de voceiros municipais para preparar o pleno de constitución
O salón verde de Raxoi acolleu a primeira xunta de voceiros da nova Corporación, presidida polo alcalde compostelán, Martiño Noriega. Participaron tamén os voceiros de Compostela Aberta, Marta Lois; do PP, Agustín Hernández; do PSdeG-PSOE, Francisco Reyes; e do BNG, Rubén Cela.