CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de inscrición para as saídas ao parque acuático de Cerceda do programa municipal Vive o Verán 2015
Dende as 17:00 horas deste martes 16 de xuño estará aberto o prazo de inscrición nas saídas ao parque acuático de Cerceda, organizadas para nenos e nenas de 7 a 14 anos no marco do programa Vive o verán 2015. As excursións serán os días 9 e 16 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 72.026 euros
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar o servizo de reparación, mantemento e conservación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para este ano, por un importe de 72.026,24 euros. A empresa Construcciones La Rosaleda comezará os traballos de xeito inmediato.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listaxes de admitidos no sorteo de prazas das Mañás de Verán nos CSC de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta
O pasado 11 de xuño rematou o prazo para preinscribirse nas actividades matinais previstas para o mes de xullo nos centros socioculturais no marco da iniciativa "Mañás de verán e de xogo", integradas no programa Vive o Verán 2015. Ao ter recibidas máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 18 de xuño para adxudicar as prazas definitivas dos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e Santa Marta.
CULTURA
Leiva celebrará este venres en Santiago a entrega de dous discos de ouro polos seus últimos traballos en solitario
Leiva preséntase en Santiago tras máis de cen concertos celebrados presentando o seu disco Pólvora, unha xira con case a metade dos concertos colgando o cartel de entradas esgotadas. Santiago de Compostela foi unha das cidades que Leiva quixo pisar para despedirse dos escenarios temporalmente e o concerto deste próximo 19 de xuño servirá para estreitar máis aínda os lazos afectivos que se crearon entre Leiva e a capital galega. Trátase dunha cita imprescindible dentro do ciclo Compostela Rock.