TURISMO
Compostela Gastronómica promociónase internacionalmente con #ComposGastroOnTheRoad
Compostela Gastronómica celebra unha nova edición do 16 ao 21 de abril. Unha das novidades desta entrega do Festival da Cociña Galega, titulada Compos Gastro On The Road, consiste en que xente de calquera parte do mundo comparta nas redes sociais unha fotografía co logo do festival. Restaurantes de prestixio, lugares emblemáticos de cada país ou espazos cotiáns, calquera lugar é válido para amosar o apoio á gastronomía galega dun xeito desenfadado.
COMERCIO
A xornada Estrea Estilo integra na súa 3ª edición a 47 comercios da cidade
O programa Estrea Estilo, da Concellería de Comercio, medra na súa 3ª edición coa participación de 47 tendas pertencentes a distintas zonas da cidade. A pesar de que as prazas ofertadas eran nun principio 44, a alta demanda por parte dos comercios fixo que se realizara un esforzo por integrar a todos aqueles que solicitaron un espazo no evento.
ALCALDÍA
Agustín Hernández participou na procesión da Última Cea do Salvador
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e outros integrantes da Corporación asistiron á procesión da Última Cea do Salvador, con saída e chegada na igrexa de San Francisco.