ALCALDÍA
O alcalde considera necesario un "plan de modernización" e a "adecuación das estruturas organizativas" para lograr unha "verdadeira Administración electrónica"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou o Foro Modernización e Calidade na Administración Local, organizado polo Grupo Correo Gallego no Hotel Monumento San Francisco. Na súa intervención falou sobre implantación da Administración electrónica no Concello de Santiago, apostando por "estruturas máis operativas e eficientes", un plan de modernización e a "reestruturación espacial" da prestación dos servizos.
XUVENTUDE
MúsicaXove premiará por sétimo ano a creatividade dos grupos e artistas emerxentes
O Departamento de Xuventude convoca o Vll Certame MúsicaXove co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade. O prazo de inscrición no certame estará aberto ata o 31 de outubro.
EXPOSICIÓN
Santiago acollerá unha exposición canina internacional os días 11 e 12 de outubro
Os vindeiros días 11 e 12 de outubro de 2014, a Sociedade Canina Galega celebrará as súas 71ª Exposición Nacional Canina C.A.C, 72ª Exposición Nacional Canina C.A.C. & 30 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B no Recinto Feiral de Amio. O Concello de Santiago patrocina este evento, que xa supera os 500 cans inscritos de máis de 150 razas diferentes.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC inicia un ciclo de relatorios divulgativos e exposicións sobre a biodiversidade na cidade
Este sábado 4 de outubro, coincidindo co Día das Aves, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), inicia un ciclo de relatorios divulgativos e exposicións sobre a biodiversidade na cidade. Celebraranse de outubro a febreiro.
CULTURA
A Comisión de Cultura do GCPHE concreta as liñas de traballo para os vindeiros nove meses
Celebrouse na sede da Casa de Galicia en Madrid a reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participou na xuntanza, presidida por Miguel Ángel Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión.
CULTURA
Música Prepost pica vinilos e imaxes na presentación de Curtocircuíto
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, ten o seu acto de presentación este mércores na Zona C, ás 21:30 horas, co espectáculo Paraíso Tabú—Naufraxio no acústico sur— a cargo de Música Prepost.