EXPOSICIÓN
Aberta no Colexio de Fonseca a exposición "As persoas con discapacidade na vida cotiá"
A concelleira María Jesús Sáinz asistiu á inauguración da exposición fotográfica As persoas con discapacidade na vida cotiá, promovida pola Universidade de Santiago e as fundacións Grupo Norte e Down Compostela. A mostra estará no Colexio de Fonseca ata o 20 deste mes de setembro, en horario de 10:00 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
Concello e sección de Hospedaxe de Hostalería reúnense para falar de turismo
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, reuniuse cos representantes da sección de Hospedaxe da Asociación de Hostalería de Santiago para abordar o posicionamento da cidade en materia turística. Compostela é a urbe co maior grao de especialización turística de Galicia, con enorme potencial no eido do turismo internacional.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis citas co programa "Imos ao baile"
Comeza o mes de setembro con novas citas do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polo Departamento de Centros Socioculturais.
ECONOMÍA
O paro descendeu en Santiago en agosto por sétimo mes consecutivo
No pasado mes de agosto, o número de persoas rexistradas no paro en Santiago foi de 7.714, 87 menos que no mes anterior, converténdose no mellor mes de agosto dende o ano 2007. O mes de agosto é un mes no que tradicionalmente acostuma a subir o paro.
CIDADE HISTÓRICA
Nova reunión do comité de expertos sobre a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica
O comité de expertos encargado de avaliar as propostas dos aspirantes a redactar a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica mantivo a súa segunda xuntanza. Estes seis persoeiros están estudando as ofertas presentadas, co fin de propoñer a adxudicataria destes traballos, que teñen un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
O CEIP Monte dos Postes contará con catro novas aulas no curso 2015-2016
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, agradeceu o compromiso do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, de ampliar o CEIP Monte dos Postes con catro novas aulas, unha intervención que tamén incluirá a instalación dun ascensor. Lembrou que esta é unha vella reivindicación dos pais e da comunidade educativa deste centro.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse coas asociacións veciñais de Lavacolla e de Guadalupe
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse no Pazo de Raxoi cos representantes das asociacións veciñais Ruta Xacobea, de Lavacolla, e A Ponderosa, de Guadalupe.
ALCALDÍA
Compromiso da Xunta para restaurar a torre do campanario de San Martiño Pinario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, reuníronse esta mañá no Pazo de Raxoi. Un dos anuncios saídos da xuntanza foi o compromiso da Xunta de iniciar antes de que remate o ano a obra de restauración da torre do campanario do mosteiro de San Martiño Pinario.