SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
Santiago de Compostela únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade
Mañá domingo, Santiago de Compostela acolle varias actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade. Así, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) e a Asociación Cívica Composcleta organizan unha xornada de sensibilización en prol da mobilidade sostible e do uso da bicicleta. Ademais, a UMAD preparou unha xornada destinada á mocidade con charlas e un percorrido urbano en bicicleta. O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, asistirá a estas actividades.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago visita o Espazo Gastro no Mercado de Abastos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou o Espazo Gastro instalado no Mercado de Abastos dentro das actividades de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se celebra en Santiago entre o 19 e 28 de setembro.