ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse coa Federación de Asociacións Veciñais do Rural
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse en Raxoi cos integrantes da Federación de Asociacións Veciñais do Rural (Ferusa).
TURISMO
Segunda xornada do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na segunda sesión do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da Organización Mundial de Turismo (OMT), que se celebra ata este venres 19 no Hostal dos Reis Católicos. Asistiu ao relatorio "Relixiosidade popular e peregrinación nos camiños de Kumano", de Brad Towle, director de Promoción e Desenvolvemento de Turismo Internacional da Oficina de Turismo de Kumano Kodo (Xapón), e posteriormente a un almorzo-debate sobre o Camiño de Santiago, presidido polo...
CONSORCIO
O alcalde visita as obras da Colexiata do Sar, destinadas a solucionar os problemas de humidades e filtracións que afectan ao templo
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago iniciou este mes os traballos de retellado parcial do corpo claustral da Colexiata do Sar. Esta mañá, o alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Agustín Hernández, visitou as obras para coñecer a súa evolución. Estivo acompañado pola concelleira de Patrimonio, María Antón, e pola concelleira María Jesús Sáinz, xunto con técnicos do Consorcio de Santiago.
CULTURA
Santiago de Compostela convértese un ano máis en centro de acollida musical para novos talentos de Rusia e Galicia
O Festival Internacional Peregrinos Musicais alcanza a súa cuarta edición. A través de cinco concertos, os afeccionados á música poderán gozar das interpretacións dos grandes talentos galegos e rusos, que grazas a esta iniciativa poden traballar conxuntamente. A entrada aos concertos é gratuíta.
TURISMO
Compostela Gastronómica contará cun Espazo Gastro no Mercado de Abastos
Os días 20, 25, 26 e 27 de setembro, e no marco da celebración do festival Compostela Gastronómica, o Mercado de Abastos acollerá o Espazo Gastro, un espazo habilitado e ambientado especialmente para a ocasión no que 15 dos 25 restaurantes participantes na ruta Menús de Mercado ofrecerán tapas e racións de cociña creativa elaboradas a partir de produto fresco e de tempada adquirido na propia praza.
CULTURA
Bértola Teatro Desmontable presenta "O pack cósmico" dentro do Bono de Teatro Galego
A compañía pontevedresa Bértola Teatro Desmontable presenta O pack cósmico esta fin de semana na Zona C. Trátase dunha comedia en galego escrita e dirixida por Mario Iglesias e que poñen sobre as táboas, durante 100 minutos, María Salgueiro, Sé Rial e Xosé Manuel Esperante.