DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo no CIAC
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) programou para este sábado 13 de setembro, ás 17:30 horas, un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 340.000 euros para o arranxo de 37 pistas en 17 parroquias do rural compostelán
A Xunta de Goberno adxudicou por 341.946 euros as obras de arranxo de 37 pistas en 17 parroquias do rural compostelán. Actuarase sobre case 83.000 metros cadrados.
CULTURA
"Atlas de geografía humana", de Almudena Grandes, dentro do ciclo Teatro & Danza
O Centro Dramático Nacional e A priori Producciones traen ao Teatro Principal Atlas de geografía humana, de Almudena Grandes, obra teatral protagonizada por Ana Labordeta, Ana Otero, Arantxa Aranguren e Rosa Savoini. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juanfra Rodríguez, poderemos vela o domingo 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venta a un prezo de 18 euros (16 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, e en ABANCA (web e teléfono).
XUNTA DE GOBERNO
Un novo servizo garantirá o mantemento de edificios e instalacións municipais
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno do novo servizo de conservación, reparación e pequena reforma ou ampliación de diversos edificios e instalacións municipais. Nesta mesma sesión ordinaria deuse o visto bo ao proxecto de mellora da Carreira do Conde e aprobáronse varios investimentos para incrementar a eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público.
ALCALDÍA
Agustín Hernández anima os composteláns a vivir nas rúas o espectáculo da última etapa da Volta Ciclista a España
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, animou a composteláns e visitantes a gozar do "espectáculo único" da etapa final da Volta Ciclista a España. A carreira remata este domingo en Santiago cunha etapa contra o reloxo entre a Cidade da Cultura e a praza do Obradoiro.