ALCALDÍA
A Volta a España traerá tamén a Santiago un percorrido ciclista para os máis pequenos e un parque de lecer na Alameda
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron a programación de actividades previstas con motivo do remate na cidade da Volta Ciclista a España o 14 de setembro. Haberá unha Volta Junior, un parque de lecer durante dous días na Alameda, un espectáculo de imaxes, luz e son no Obradoiro e un concerto de Russian Red.
ALCALDÍA
Agustín Hernández continuou a rolda de contactos coas asociacións veciñais cos representantes da Rocha e de Conxo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse cos integrantes da Asociación de Veciños Serafín Zas, do barrio da Rocha, e coa Asociación Conxo Aberto.
CULTURA
Ytuquepintas presenta "Soños de area"
Verán na rúa continúa nas prazas de Compostela. Este mércores 27, se o tempo o permite Soños de area co catalán Ytuquepintas. Será ás 22:00 horas na praza da Quintana.
ALCALDÍA
O alcalde deu a benvida a Santiago de Compostela aos participantes na XXIII Comisión Internacional de Óptica
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, saudou no Hostal dos Reis Católicos os participantes na Comisión Internacional de Óptica, que se celebra en Santiago entre o 26 e o 29 de agosto baixo o lema "Iluminando o futuro".
TURISMO
Compostela Gastronómica contará con Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía
A nova Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acollerá do 19 o 28 de setembro as xornadas de Compostela Gastronómica dirixidas ao sector profesional da cidade. As xornadas estarán impartidas por algúns dos máis recoñecidos e premiados xefes de cociña galegos e españois.