DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC organiza un obradoiro de cosmética natural e un roteiro polas Brañas de Sar
Este mes de agosto, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) organiza un obradoiro de cosmética natural, unha xornada de iniciación á observación ao ceo do verán e un roteiro polas Brañas de Sar. Ademais, como cada mes, o centro seguirá facilitando as súas instalacións para actividades doutras entidades.
FESTAS E TURISMO
Máis de 60.000 persoas participaron nos eventos dunhas Festas do Apóstolo exitosas no turístico e cun 10% máis de peregrinos
O variado e amplo calendario de actividades das Festas do Apóstolo deixa un balance de máis de 60.000 asistentes. O programa e a animación destas 14 xornadas traduciuse tamén nunha alta ocupación turística, á que se engadiu a chegada dun 10% máis de peregrinos que en xullo de 2014. Así o confirmaron en rolda de prensa as concelleiras de Festas, María Antón, e de Turismo, Reyes Leis.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello de Santiago achega 130.000 euros a 15 entidades sociais da cidade
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asinou esta mañá a Casa do Concello os convenios de colaboración coas seguintes entidades ASPAS, Itínera, Don Bosco, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Aspanaes e AGAL. Estes acordos súmanse aos asinados na xornada do xoves con AGADEA, Fonte da Virxe, Fundación Andrea, San Vicente de Paúl, Secretariado Xitano, Sarela, Cruz Vermella, Banco de Alimentos e FEAFES. Estas 15 entidades recibirán un total de 130.400 euros.
ALCALDÍA
O convenio de mellora da EDAR da Silvouta firmarase de inmediato para comezar as obras este mesmo ano
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, vén de anunciar hoxe en Madrid que o convenio a subscribir pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, o Concello de Santiago e a Sociedade Estatal Augas das Concas de España para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR da Silvouta se firmará de inmediato, o que permitirá comezalas este ano.
CULTURA
"Polos pelos", circo con Dani Blanco no programa Verán na Rúa
O ciclo Verán na Rúa continua a próxima semana nas rúas de Compostela. O luns 4 de agosto, ás 19:30 horas, Pistacastro, da man de Dani Blanco, representa Polos pelos na praza de San Martiño Pinario. Entrada libre.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións e de Santiago exhibe a primeira exposición antolóxica do debuxante galego Miguelanxo Prado
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. Trátase dunha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia. Á presentación asistiron, ademais do propio artista, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a concelleira de Cultura, María Antón; e o comisario da mostra, Fausto Isorna.