PLENO
Convocada a sesión extraordinaria do Pleno municipal para o martes 8 de xullo
O Pleno da Corporación celebrará unha sesión extraordinaria o vindeiro martes, 8 de xullo, ás 12:00 horas. Así o anunciou o alcalde, Ángel Currás, que convocou a sesión unha vez recibidas as credenciais dos que serán novos concelleiros.
URBANISMO
O alcalde destaca a mellora na habitabilidade que suporán as obras no barrio de Vista Alegre
As obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade no barrio de Vista Alegre avanzan a bo ritmo. En marcha a primeira fase, estase tramitando xa o inicio da segunda parte desta actuación, cun orzamento de execución por contrata de 2.846.279 euros e un prazo de execución de sete meses e medio. Este proxecto está incluído no programa Urbana Santiago Norte, financiado con fondos europeos FEDER.
CIDADE HISTÓRICA
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente novas obras en edificios do ámbito da cidade vella
A Comisión Asesora do Patrimonio histórico celebrou unha nova sesión, na que informou favorablemente dúas novas obras no ámbito da cidade vella; a rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa Xelmírez e a reparación da cuberta do Pazo de Monroi, na rúa do Vilar.
TURISMO
Reunión de Reyes Leis con representantes turísticos e hostaleiros de Tanabe
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo este venres unha reunión con responsables turísticos de Tanabe e con representantes da hostelería desta cidade xaponesa. A edil está en Xapón para participar este fin de semana nos actos de celebración do décimo aniversario da Declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade, que terán lugar en Tanabe.
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse en Nantes (Francia)
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España promoven este fin de semana os seus atractivos turísticos e culturais no marco da campaña L'Espagne à Nantes, que terá lugar do 4 ao 6 de xullo en Nantes, capital do a Rexión país do Loira e unha das principais cidades de Francia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto ata o 11 de xullo o prazo de inscrición na actividade de pesca sen morte do programa "Vive o verán"
Para o sábado 12 de xullo, o programa Vive o verán prepara unha actividade na Granxa do Xesto conducida coa colaboración da Sociedade de Caza e Pesca La Venatoria: o Obradoiro de achegamento ás artes de pesca sen morte. Aínda quedan prazas para esta actividade, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de xullo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa este sábado no Festival Via Stellae
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa na IX edición do festival de música clásica Via Stellae, que se está celebrar en Santiago de Compostela. A orquestra actúa este venres, ás 20:30 horas no Teatro Principal, e o sábado farao, tamén ás 20:30 horas, no Hostal dos Reis Católicos, no Patio de San Xoán.