ALCALDÍA
O día da Ascensión e San Xoán volverán a ser os festivos locais no ano 2015
Un dos asuntos que se someterá á aprobación do Pleno municipal deste xoves é a determinación dos festivos locais en 2015. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, comunicou que, tal como sucedera este ano, os festivos serán os días da Ascensión e de San Xoán.
ALCALDÍA
O período medio de pagamento de facturas a provedores diminuíu ata os 63 días no segundo trimestre de 2014
No Pleno ordinario deste xoves, 31 de xullo, darase conta do informe de morosidade correspondente ao segundo trimestre de 2014, no que se constata que a redución do período de pago a provedores continúa a reducirse, situándose agora en tan só 63 días. Nesta sesión tamén se informará sobre o balance do Plan de Axuste correspondente ao mesmo trimestre.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local de Santiago incorpora un novo vehículo policial dedicado á investigación de accidentes de tráfico
A Policía Local conta cun novo vehículo de atestados, co fin de facilitar a este Corpo a realización de controis e a instrución de dilixencias na rúa, ocasionando as mínimas molestias de desprazamento aos cidadáns. Aínda que, afortunadamente, nos últimos anos o número de accidentes descendeu notablemente, no ano 2013, a sección de atestados de Santiago elaborou 546 atestados por accidentes de circulación e 115 atestados por delitos contra a seguridade viaria, ademais da realización de todo tipo de...
EXPOSICIÓN
Intervención escultórica de Ramón Conde nas prazas do Obradoiro e de Praterías
O escultor Ramón Conde (Ourense, 1951) presenta nas prazas do Obradoiro e das Pratarías, mediante a linguaxe artística, unha intervención que se vertebra ao redor do concepto de poder, entendido como a capacidade de levar a cabo os nosos desexos independentemente das dificultades que poden ser obra da natureza ou doutras persoas. A exposición, titulada O Poder, foi inaugurada nun acto ao que asistiu o concelleiro de Relacións Institucionais, Ángel Currás. Poderá verse ata o 28 de setembro
FESTAS
A Banda Municipal e a Real Filharmonía de Galicia encheron de música a penúltima xornada das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo tiveron na súa programación deste mércores tres propostas musicais. Primeiro, na praza de San Martiño Pinario, concerto familiar dirixido a todos os públicos no que a Banda Municipal de Música, acompañada dos Fantoches Baj, presentaron As pombas de Carboeiro. Logo foi o turno da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia e pechouse a noite musical na praza da Quintana con Tinariwen e Narf Trío en concerto.