FESTAS
O Rei Felipe VI realizará a Ofrenda ao Apóstolo no día grande de Santiago
Na xornada do venres 25 celebramos o Día do Apóstolo e o Día de Galicia, no que se celebrará a cita máis importante da xornada coa Ofrenda Nacional ao Apóstolo na Catedral de Santiago, coa presenza das SS.MM os Reis de España, e a posterior recepción de autoridades no Pazo de Raxoi. Como outro dos momentos destacados da xornada teremos o concerto de Los Planetas na Praza da Quintana.
ALCALDÍA
Reciben a Medalla de Ouro de Galicia as vítimas de Angrois e veciños, profesionais e voluntarios que participaron no operativo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu na Cidade da Cultura ao acto de entrega das Medallas de Galicia. A distinción de ouro foi recollida por unha representación das vítimas do accidente ferroviario de Angrois, dos veciños do barrio compostelán e de todos os profesionais e voluntarios que participaron no dispositivo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago inclúe catro novas actuacións en monumentos para este ano cun orzamento de 84.652 euros
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Agustín Hernández. Entre os temas abordados nas ordes do día, aprobáronse as contas xerais do organismo relativas a 2013, tratouse a cesión do Museo das Peregrinacións e de Santiago a Patrimonio do Estado e a incorporación de novas actuacións ao programa de monumentos para este ano, xunto coa convocatoria extraordinaria dunha praza de fagot...
URBANISMO
Clausurado o curso internacional de arquitectura Compostela’s Summer Program
A Fundación Compostela Arquitectura celebrou por quinto ano consecutivo o seu curso internacional de arquitectura: Compostela’s Summer Program, que se celebrou do 2 ao 23 de xullo en Santiago. A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, participou na última xornada.
FESTAS
Los Planetas ofrecen o seu primeiro concerto deste verán nas Festas do Apóstolo
Los Planetas protagonizan as Festas do Apóstolo 2014 co seu primeiro concerto deste verán, no regreso a Galicia tras catro anos de ausencia dende o seu último concerto en Castrelos (Vigo) en agosto de 2010. O grupo granadino que revolucionou a música independente a comezos dos anos 90 fará un repaso de toda a súa carreira nun concerto que promete ser único e excepcional. Contará ademais cun marco incomparable, a praza da Quintana, onde se proxectarán en pantalla xigante visuais preparados pola banda para a ocasión.
FESTAS
Noite de luz, historia xacobea e recordos
Os tradicionais Fogos do Apóstolo volveron congregar na praza do Obradoiro e noutras partes da cidade a miles de persoas. O evento desta edición, que recuperou a queima da fachada neogótica, estivo marcado pola lembranza ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Composteláns e visitantes puideron gozar durante 25 minutos dun espectáculo no que o son e os fogos artificiais se mesturaron en harmonía.
CONSORCIO
O director técnico da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch, despídese tras dez anos á fronte da formación
O director técnico da Real Filharmonía de Galicia (RFG), Oriol Roch, deixa a formación a finais do mes de agosto, despois de dez anos á fronte da orquestra. Este mesmo ano tivo a oportunidade de vivir a maioría de idade da RFG, que daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996.