TURISMO
As conexións internacionais de Lavacolla superaron os 45.000 pasaxeiros en xuño
O aeroporto de Santiago tivo 45.483 pasaxeiros nas súas conexións internacionais directas no mes de xuño, o que representa un crecemento do 28% respecto dos 35.547 pasaxeiros que houbo nestas conexións no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun crecemento importante, sobre todo tendo en conta que o ano 2013 xa foi o ano con maior tráfico internacional na historia de Lavacolla.
XUNTA DE GOBERNO
A parroquia de Angrois contará en breve con novas áreas de lecer e cunha zona de descanso para peregrinos
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación dos proxectos para dotar á parroquia de Angrois dunha zona de descanso para peregrinos, dun parque público e doutro infantil, así como dun campo da festa e dunha pista polideportiva. Estas actuacións, sumadas a outra de construción dun almacén para a asociación veciñal, suporán un investimento duns 300.000 euros, financiados por ADIF en base a un convenio que se asinará en breve.
CULTURA
Germán Díaz, David J. Herrington, Andreas Prittwitz, Lookingback Quintet, Vox Stellae e Luis Martínez, no Festival Via Stellae
O Festival Via Stellae, organizado polo Concello de Santiago e a Xunta de Galicia e que este ano celebra a súa 9ª edición, está chegando á súa fin, xa que o último concerto será o martes, 15 de xullo. Este sábado poderemos escoitar a Germán Díaz e David J. Herrington na capela da Orde Terceira a partir das 20:30 horas, dentro do Off#Stellae. Tamén no Off#Stellae estarán o domingo Andreas Prittwitz & Lookingback Quintet, nesta ocasión no Hostal dos Reis.../em>
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os nenos e nenas saharauís que pasan o verán con familias compostelás
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello de Raxoi os nenos e nenas saharauís que pasan este verán con familias compostelás no marco do programa Vacacións en paz.
DEPORTES
Cita este domingo para os afeccionados ao ciclismo nunha marcha urbana por Santiago
Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrará este domingo 13, por primeira vez en Santiago, unha das súas emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team. A proba foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Deportes e Servizos Sociais, María José Corral, e o director de Movistar Galicia, Marcial Alonso.