DEPORTES
Santiago de Compostela reúne o mellor do minibasket español nunha jamboree promocional do Mundial 2014
O Concello de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto organizan a I Jamboree de Clubs de Minibasket, que se celebrará do mércores 25 ao sábado 28 de xuño no Pavillón do Restollal. A concelleira Reyes Leis e o presidente da FGB, Francisco Martín, presentaron en rolda de prensa o evento, incluído nos actos promocionais do Mundial 2014, agrupados baixo o lema Galicia 2014. Imos pola Copa.
EDUCACIÓN
O Concello substituirá a cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento
A concelleira Reyes Leis mantivo unha xuntanza con técnicos de Educación, de Urbanismo e da Brigada de Vías e Obras para coordinar e organizar o plan de obras máis urxentes a realizar nos centros escolares, unha vez rematado o curso. Estas pequenas actuacións responden ás prioridades fixadas polos responsables dos centros e ás visitas realizadas aos mesmos polos técnicos de Educación.
CULTURA
Al Ayre Español e Gli Incogniti con Amandine Beyer, novas citas do Via Stellae
Continúa esta novena edición do Festival Via Stellae e nos vindeiros días chegan dúas das apostas da liña de programación vinculada ao Barroco, á música antiga e á interpretación historicista Serán o conxunto Al Ayre Español, que presenta To all lovers of musick este martes, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, e a violinista Amandine Beyer con Gli Incogniti o mércores ás 20:30 horas tamén, pero na Igrexa da Universidade, con Apothéoses Couperin.
ALCALDÍA
Especialistas de España e Portugal debaten en Santiago sobre a xestión do solo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes no VI Congreso Ibérico da Ciencia do Solo, que se celebra en Santiago do 22 ao 25 de xuño.