FESTAS
Todo listo para a celebración en Amio dunha nova edición da Festa dos Maiores
Como cada ano dende 1998 celébrase na nave central do recinto Feiral de Amio a Festa dos Maiores, que chega á súa XV edición. A idea xurdiu como forma de confraternización dos maiores de Santiago e para que tivesen un espazo propio dentro da programación das Festas da Ascensión.
ALCALDÍA
Santiago acolle a Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Facultade de Xornalismo á apertura da 31ª Conferencia Anual da Asociación Europea de Televisións Rexionais, que reune a directivos de televisións públicas de 25 países europeos. No acto tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
FESTAS
Milleiros de persoas noutra exitosa Feira Cabalar das Festas da Ascensión
Un ano máis, as Festas da Ascensión abriron o seu día grande coa celebración da Feira Cabalar. Milleiros de persoas presenciaron no recinto feiral de Amio os distintos concursos morfolóxicos e de doma.