DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Chano Rodríguez Veloso compartiu cos mozos composteláns a súa historia de superación
O Centro Sociocultural do Ensanche acolleu un encontro co laureado nadador paraolímpico Chano Veloso. Este encontro enmárcase dentro do programa "Espello deportivo" no que colaboran a Concellería de Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto estivo presenta a concelleira Rebeca Domínguez.
ALCALDÍA
O Obradoiro recibe a homenaxe e o aplauso da Corporación
Despois de disputar os play off da liga de baloncesto por primeira vez na súa historia, o Blusens Monbus, directivos e xogadores, foi recibido no Pazo de Raxoi pola Corporación compostelá encabezada polo alcalde, Ángel Currás.
EDUCACIÓN
A UMAD promove dúas iniciativas de prevención de drogodependencias orientadas aos máis novos
Dentro do Plan de Acción Local para a prevención da drogodependencia a concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou dúas actuacións dirixidas á xuventude e enmarcadas no ámbito de ocio e das actividades formativo- educativas: os concertos sen alcol e o programa municipal de Apoio educativo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Casa das Asociacións de Cornes acolleu unha charla da agregada de educación e cultura da Embaixada de Canadá con grande éxito de público
Esta charla, á que asistiu a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, ofreceu a todos os mozos e mozas de Santiago, entre 18 e 35 anos, toda a información necesaria para emprender unha viaxe laboral ao país norteamericano, cunha ríxida lei en materia de traballo.
Santiago incorpórase á Asociación de municipios do Camiño mediante a aprobación dos Estatutos do Observatorio Xacobeo
O concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, presentou en rolda de prensa o acordo polo que se decide adoptar a participación de Compostela nesta Rede de irmandade xacobea.
SEGURIDADE
O Concello aproba definitivamente o Plan de Emerxencias Municipal
O Plan de Emerxencias Municipal de Santiago de Compostela será levado ao pleno ordinario do mes de maio e entrará en vigor o día despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia
A homologación do Plan de Emerxencia Municipal(PEMU) foi aprobado por unanimidade no pleno da Comisión Galega de Protección Civil e na fase de exposición ao público non tivo ningunha alegación
ECONOMÍA E EMPREGO
O Cersia acolle a Xornada técnica "Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa. Incentivos fiscais á I+D"
Este evento conta cun gran éxito de convocatoria entre as empresas relevantes da economía Compostelana e consultoras especializadas en I+D+i.