FAMILIA
O Concello programa unha nova xornada en recoñecemento á institución da familia
Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia (15 de maio), o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución para o vindeiro sábado 25. A xornada, que foi presentada pola concelleira de Benestar Social, María Castelaou, aplazouse por mor da ponte do Día das Letras Galegas para poder chegar así a un maior número de composteláns.
DEPORTES
O concelleiro de Deportes entregou os trofeos do torneo de hóckey en favor da Cociña Económica
Adrián Varela presenciou no pavillón de Vite a última xornada do Trofeo solidario de hóckey Cociña Económica, que organizou o Raxoi Hóckey Club coa finalidade de recadar fondos para a institución benéfica. Participaron más de 200 xogadores, a maioría deles escolares.
XUVENTUDE
O Concello organiza novas actividades de verán para os mozos e mozas de Compostela
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou o programa Verán Activo 2013, que recolle un amplo abano de actividades para que os rapaces da cidade poidan gozar do seu tempo de lecer dunha maneria lúdica e divertida.
CULTURA
Cancélase o concerto de Malevaje
A Concellería de Cultura informa que tal e como nos comunica Chihuahua Management, produtora do concerto de Malevaje, esta formación vese na obriga de suspender definitivamente a xira por Galicia e a actuación prevista para o sábado 25 de maio no Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN
O Teatro Principal acolle a representación da primeira das obras gañadoras do XVIII Certame de Teatro Intercentros
A partir das 20.00 h no Teatro Principal o grupo Bululú, integrado por alumnos de secundaria dos IES Lamas de Abade e Pontepedriña, interpretarán a obra "A Catedral", unha historia sobre símbolo da cidade. Asiste a concelleira de Educación, María Castelao, que fará entrega dos premios ao remate da obra.
CULTURA
O Auditorio de Galicia acolle o ciclo de Novas Orquestras
A Orquestra Sinfónica Conservatorio Superior Coruña presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro e ofrecerán un programa con obras de Alexander Borodin, Camille Saint-Saëns, Carl Reinecke e Hector Berlioz.O prezo das entradas é de 3 euros (de balde para abonados do Auditorio), billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h, e billeteira do Auditorio de Galicia, aberta só os días de espectáculo a partir das 18.00h;...
Turismo
O Grupo Área Santiago reúnese co Director Xeral de Conservación da Natureza para potenciar o turismo fluvial
Un dos primeiros proxectos do Grupo Área Santiago é "A pesca como recurso turístico", xa que conta con dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, e polos seus múltiples afluentes.
CULTURA
'El amor de Eloy' do dramaturgo Ernesto Caballero, no Teatro Principal
A representación de ‘El amor de Eloy’ de Ernesto Caballero será domingo 2 de xuño ás 21.00h no Teatro Principal. As entradas serán a 18 euros e 15 euros no anfiteatro.
ALCALDÍA
O alcade recibe unha delegación de embaixadores da UE en España
O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, recibiu no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores dos países da Unión Europea en España, que se atopan en Galicia nunha viaxe organizada pola presidencia irlandesa da UE neste primeiro semestre do ano.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co agregado eclesiástico da embaixada de España
O rexedor compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo un encontro no Pazo de Raxoi co agregado eclesiástico da embaixada de España, Antonio Pelayo. Na reunión abordaron o tema da posible visita do Papa Francisco a Santiago de Compostela.