EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os escolares composteláns comezan a elaborar o seu conto viaxeiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asistiron no colexio San Pelayo-Emma ao inicio do programa O conto viaxeiro, que se desenvolverá ao longo do mes de maio en varios centros escolares. Este proxecto permitirá aos escolares ir construíndo a súa historia ao longo de dez sesións.
ALCALDÍA
Santiago e Wakayama reafirman a súa colaboración no marco da celebración do ano dual entre España e Xapón
O alcalde compostelán, Ángel Currás e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron o responsable da división cultural e asuntos internacionais do goberno da Prefectura de Wakayama (Xapón), Takashi Nishida.
FESTAS
O Concello presenta un calendario festivo para a Ascensión con propostas variadas e destinadas a todos os públicos
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou o programa das Festas da Ascensión 2013, que se celebrarán do 8 ao 12 de maio. Macaco, Pignoise ou Rosa Cedrón son algúns dos nomes protagonistas no musical dunhas festas que inclúen propostas para todos os públicos.
DEPORTES
O Duatlón Cidade de Santiago celebrarase por primeira vez no Casco Histórico
O domingo 5 de maio, a praza do Obradoiro acollerá a saída e a chegada do XI Duatlon Cidade de Santiago, organizado pola Concellería de Deportes e o Triatlón Arcade Inforhouse. Uns 450 deportistas participarán nesta competición, que serve de Campionato Galego de Duatlón e tamén como final provincial nas categorías escolares. A estas probas sumarase un duatlón popular.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno autoriza a ampliación de horarios na hostalería para as fins de semana da Ascensión e das Letras Galegas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, autorizou a ampliación do horario de peche dos establecementos hostaleiros nas fins de semana da Ascensión e das Letras Galegas. Ademais, aprobou a liquidación so servizo de transporte urbano.
ALCALDÍA
O escritor francés Emmanuel Carrère gaña o Premio Novela Europea Casino de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou no xurado encargado de elixir o gañador da X edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. Finalmente, fíxose co galardón o escritor francés Emmanuel Carrère, pola súa novela De vidas ajenas.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións acolle unha mostra sobre a Torre do Reloxo da Catedral
O alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás, inaugurou a exposición A Berenguela, que se exhibe xa na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías). Trátase dunha mostra visual sobre a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, unha das obras cume do barroco e que foi recentemente restaurada.