TURISMO
Todo listo para a chegada a Compostela de Darth Vader e as trompas imperiais
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o vídeo promocional da segunda edición do desfile Imperial Stormtroopers, que terá lugar o sábado 25 de maio. En torno a 350 persoas caracterizadas como personaxes de Star Wars participarán neste percorrido polas rúas do Caso Histórico. Desta vez homenaxearase o 30 aniversario da estrea do filme O retorno do Jedi.
DEPORTES
O Circuíto CorreSan incorpora unha nova carreira saudable na súa segunda edición
Tras o éxito da primeira edición, volven as carreiras do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Desta vez serán cinco as probas a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Concellería de Deportes, co obxectivo prioritario de concienciar a grandes e pequenos sobre os beneficios dunha actividade física regular.
FACENDA
O Goberno municipal estuda a baixada do recibo do IBI para o exercicio 2014
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, afirmou o compromiso municipal de "conxelar o baixar" os impostos municipais en 2014. En concreto, dixo, estase a estudar a baixada do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o exercicio 2014, o que permitiría unha redución do recibo a pagar polos composteláns.
MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL
Plantación de froiteiras en Belvís para promover o benestar ecolóxico
As concelleiras de Medio Ambiente, María Pardo, e de Benestar Social e Educación, María Castelao, participaron nunha plantación de árbores froiteiras xunto co xogador do Blusens Monbus e director executivo da Fundación The Music Tree, Levon Kendall.
SEGURIDADE CIDADÁ
Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e Policía Nacional desaloxaron con éxito o CEIP Pío XII nun simulacro de incendio
Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e Policía Nacional realizaron un simulacro de incendio no CEIP Pío XII. O operativo, coordinado polo xefe de Bombeiros, José Ramón Sánchez, resultou un éxito.
BENESTAR SOCIAL
Clausurados na Trisca os obradoiros para maiores de 60 anos "Positivíza-T"
O Centro Sociocultural da Trisca acolleu, coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao, a clausura e entrega de diplomas aos participantes nos obradoiros "Positivíza-T: Programa de Prevención do Envellecemento Pasivo", que se viñeron desenvolvendo os días 23 e 30 de abril e 7 e 14 de maio. Foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais en colaboración co CSC.
XUVENTUDE
Entregados os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove'12
Os concelleiros Rebeca Domínguez, Adrián Varela e María Castelao entregaron os premios aos gañadores e finalistas do certame MúsicaXove’12, organizado pola Concellería de Xuventude, e clausuraron a exposición de fotografías do concerto final.