TURISMO
Os concellos da bisbarra crean un grupo de traballo para incentivar o turismo
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse cos concelleiros de Turismo dos municipios da área metropolitana de Santiago. O obxectivo da xuntanza, na que participaron representantes de Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Padrón, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda, era a creación dun grupo de traballo para incentivar o turismo.
DEPORTES
Deportes acondiciona o ximnasio do Estadio de San Lázaro e habilita un novo espazo para actividades
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou o estadio de San Lázaro con motivo do inicio das obras no ximnasio. Grazas a esta intervención, habilitaranse dous espazos diferenciados -un para o traballo con máquinas e outro xenérico- e instalarase un novo sistema de climatización.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello celebrará o Día Mundial da Árbore cunha plantación no Avío (Vista Alegre) a cargo dos escolares do CEIP de Vite
O Concello de Santiago unirase un ano máis ás celebracións do Día Mundial da Árbore. Nesta ocasión, o 21 de marzo realizarase unha plantación de 300 árbores na zona do Avío, en Vista Alegre, da que se encargarán os escolares de primaria e infantil do CEIP de Vite.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Para o mércores 13 de marzo está prevista unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Ás 11:00 horas partirá da Porta do Camiño (ao carón da fonte) a ruta "A cerca da cidade II".
CULTURA
"Bodas de sangre", de Federico García Lorca, no Teatro Principal
Tejido Abierto Teatro & TribekaWorld Pproyectos Escénicos presentan Bodas de sangre, de Federico García Lorca. A función para o público en xeral terá lugar o xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Haberá sesións escolares o venres 12 de abril, ás 9:30 e 12:00 horas.
ALCALDÍA
Os alcaldes das Cidades Patrimonio de España celebran a súa asemblea en Santiago
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), integrado polas trece cidades españolas recoñecidas pola Unesco, celebrará en Santiago de Compostela a súa Comisión Executiva e a Asemblea de Alcaldes do 15 ao 16 de marzo. Paralelamente terán lugar as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación, organizadas polo GCPHE, cun día de sesión técnica aberta para o público.
ECONOMÍA
O Cersia acolle o xoves unha xornada para mellorar a productividade
Aje Galicia organiza a xornada ¿Queres ser máis productivo? Xestión de tareas á velocidade da tua empresa o xoves 14, ás 10:00 horas, no edificio Cersia, en San Lázaro.